InicioCentralMondoñedoPresentan as Festas da Virxe dos Remedios en Mondoñedo

Presentan as Festas da Virxe dos Remedios en Mondoñedo

O domingo é o día principal coa ofrenda presentada este ano polo alcalde do Concello de Ortigueira, á que seguirá a tradicional procesión coa imaxe da virxe acompañada pola Banda de Gaitas de Ladrido

Publicada o

- Advertisement -

A Comisión de Festas da Virxe dos Remedios e o cura párroco do Santuario, Pedro Díaz presentaron a programación das festas patronais que se desenvolverán o sábado 14, domingo 15 e luns 16 de setembro, festivo local. Durante esas xornadas o parque da alameda será o escenario da actuación do Dúo Zafiro e pola noite, a orquesta Magm, considerada unha das mellores de Portugal e que actuará por primeira vez nesta comarca. Esa mesma xornada está previsto o evento DJs no Camiño, co patrocinio de Radio Líder e da Xunta de Galicia, así como tamén a XII edición de Cantos de Taberna.


O domingo é o día principal coa ofrenda presentada este ano polo alcalde do Concello de Ortigueira, á que seguirá a tradicional procesión coa imaxe da virxe acompañada pola Banda de Gaitas de Ladrido. A orquesta Pontevedra, así como a comparsa XX, serán as encargadas de animar musicalmente este día.


As festas rematarán o luns 16 de setembro, Luns dos Remedios e festivo local, coa misa da Cofradía ás 12,30 horas e posteriormente sesión vermú co grupo Tania Veiras.


Desde a organización destacan a aposta pola programación infantil, con espectáculos como Mari Faltri Picadiscos, xogos populares, festa da bicicleta ou o día do Neno con descontos nas atraccións. Quieron remarcar tamén o seu agradecemento aos veciños e negocios polas súas aportacións económicas, así como ás administracións colaboradoras, “moi necesarias para manter viva entre todos esta tradicional celebración mindoniense”.

ÚLTIMAS

A caída dunha póla causa feridas a un operario no Valadouro na mañá deste mércores

Un operario resultou ferido na mañá deste mércores na localidade lucense do Valadouro tras...

Familiares de usuarios piden reunirse co alcalde de Foz para solucionar a situación da residencia

A Plataforma de afectados pola subida abusiva de tarifas da Residencia e Centro de...

O Concello de Viveiro reclama á Xunta unha reunión para desbloquear proxectos importantes na vila

O Concello de Viveiro reclama á Xunta de Galicia que atenda as súas peticións...

Barreiros e ANPAS presentan a oferta de actividades deportivas e extraescolares

O Concello de Barreiros e as ANPAS dos CEIP dos colexios de San Cosme...