A A-8 á altura do Foiuco permanece pechada desde esta madrugada por néboa, coincidindo coa operación retorno das vacacións do verán. O corte, segundo fontes da DGT consultadas por Europa Press, produciuse sobre as 05.00 horas deste sábado e, actualmente continua cortada.
Así, a circulación está interrompida desde o quilómetro 536 en Arroxo ao 522 no Someiro. O desvío alternativo é a N-634. Todo iso nunha fin de semana no que a DGT espera máis de 600.000 desprazamentos en Galicia, o 78% do total do previsto no noroeste de España.
Deles 97.000 corresponden á provincia de Lugo; 121.000 á de Ourense; 186.000 á da Coruña e 227.000 á de Pontevedra.