InicioCentralMondoñedoO BNG de Mondoñedo denuncia que o ascensor do centro de saúde...

O BNG de Mondoñedo denuncia que o ascensor do centro de saúde leva máis de dous meses avariado

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Mondoñedo considera lamentable que a xerencia de atención primaria manteña o ascensor sen servizo durante todos estes meses e pide solucións con urxencia xa que non só afecta á operatividade dos profesionais que traballan no centro se non que tamén aos maiores con problemas de mobilidade que moitas veces teñen que ser atendidos na planta baixa do edificio pola imposibilidade de subir á consulta polos seus propios medios. “Esta situación e intolerable, dá coraxe ver aos nosos maiores que se dispoñen a subir con dificultade polas escaleiras durante todo este tempo por non poder empregar un ascensor ao que teñen dereito”.


Eloi Cabanas apunta que o edificio ten tres plantas e só conta co ascensor que agora está fora de servizo, afectando ao redor dunhas 300 persoas que son atendidas diariamente neste centro xa que, ademais das tres consultas de medicina xeral situados nos andares superiores do centro tamén están as consultas de pediatría, enfermería e fisioterapia.

CENTRO DE FISIOTERAPIA NA TERCEIRA PLANTA
O problema que denuncian os nacionalistas aínda se agrava máis no caso do servizo de fisioterapia que se encontra situado no terceiro andar do centro de saúde, onde se dan casos de pacientes recentemente operados e con próteses que teñen que acceder polas escaleiras para poder realizar os seus exercicios de rehabilitación.


“É un escándalo que o Partido Popular a través da consellería de sanidade manteña esta situación ao longo do tempo, sabemos de casos de doentes que non están sendo chamados a recibir o seu tratamento de rehabilitación pola imposibilidade de acceder á instalacións do edificio”, conclúe.

ÚLTIMAS

Centos de persoas reclaman en Viveiro unha mellor sanidade pública e presentan 6.000 sinaturas de apoio

Centos de persoas --segundo os convocantes-- volveron a saír ás rúas de Viveiro para...

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...