InicioCentralMondoñedoAlumnos italianos de prácticas en APGA vistan a Cova do Rei Cintolo

Alumnos italianos de prácticas en APGA vistan a Cova do Rei Cintolo

Publicada o

- Advertisement -

Os quince alumnos italianos que realizan prácticas en empresas de Ribadeo, a través do programa Erasmus + que está a desenvolver Apaga, aproveitan a súa estadía para coñecer A Mariña.

Nos últimos días tiveron a posibilidade de coñecer Vilanova de Lourenzá e Mondoñedo, e onte visitaron a Cova do Rei Cintolo. Durante esta semana realizarán un percorrido en barca pola ría de Ribadeo, a través dunha visita guiada percorrerán o casco histórico e tamén se achegarán á praia das Catedrais. O presidente de Apaga, Álvaro Doural, sinala que “ademais da formación que están a recibir nas empresas de Ribadeo que colaboran coa nosa asociación aproveitamos para amosarlles os potenciais turísticos desta comarca. Hoxe son estudantes en prácticas, pero mañá poden volver como visitantes”. E engade que “a experiencia formativa está a resultar moi positiva para todos eles”.

A estadía deste grupo de 15 alumnos italianos rematará o vindeiro venres, día 14, cun encontro coas empresas como final desta mobilidade no local da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia.

ÚLTIMAS

Ramiro Fernández: “Burela é un punto privilexiado para a observación ornitolóxica”

+ -Por que Burela decidiu apostar por novas vías turísticas na vila como, por exemplo,...

Trabada inicia as obras do circuíto pump track no seu complexo deportivo

O Concello de Trabada vén de iniciar esta semana as obras de construción dun...

O Concello de Foz anuncia aglomerado no vial das Torres esta semana

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que o novo vial das Torres vaise...

‘Os Bolechas no Ribadeo Indiano’ abre a participación dos máis pequenos nesta celebración

Os Bolechas no Ribadeo Indiano é o título do libro presentado esta tarde no...