InicioCentralMondoñedoAbre o prazo de matrícula para o III Encontro Álvaro Cunqueiro

Abre o prazo de matrícula para o III Encontro Álvaro Cunqueiro

Publicada o

- Advertisement -

Está en marcha unha nova edición dos Encontros Álvaro Cunqueiro que, no presente ano, chega á súa terceira edición, converténdose así nunha cita de referencia dentro dos Cursos de Verán da USC.

Os III Encontros, organizados pola USC, contan coa colaboración do Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro.

A nova edición do curso, baixo a dirección de Armando Requeixo e que se celebrará en Mondoñedo o 6 e 7 de xullo do 2024, contará coa presenza de grandes estudosos do mundo de Cunqueiro que nos achegarán diversos aspectos da súa obra continuando a liña xa amosada nas dúas edicións previas.

Neste momento está aberto o prazo de matrícula, que se pode realizar tanto no Campus de Santiago como no de Lugo. O prazo estenderase ata o 21 de xuño.

Máis información sobre os cursos nos teléfonos 881811018 e 881811103 (de Santiago) ou 982821513 (de Lugo) e no e-mail cursosdeveran@usc.gal

Tamén se pode acceder a través da web da Universidade de Santiago, na sección de universidade de verán: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/extension/universidade-veran

O Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro queren convidar a que se matriculen e participen neste curso de verán a todos e todas os Cunqueirófilos, pois ben seguro que gozarán do mesmo ao achegarse e coñecer, un pouco máis, a este noso mindoniense universal.

ÚLTIMAS

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...

Burela reforza recursos ante emerxencias cardíacas con novos desfibriladores

O Concello de Burela continúa reforzando os seus medios de resposta ante emerxencias cardíacas...