InicioCentralMondoñedoMondoñedo volverá acoller unha investigación da USC sobre un asentamento suevo

Mondoñedo volverá acoller unha investigación da USC sobre un asentamento suevo

Ao longo do ano 2023 e principios de 2024, a investigación continuou executándose a través do traballo dos materiais, a elaboración da memoria científico-técnica, así como a realización dunha prospección xeofísica

Publicada o

- Advertisement -

O vindeiro 27 de maio dará comezo unha nova fase dos traballos arqueolóxicos en San Vicente de Trigás, en Mondoñedo. Estes traballos están levados a cabo por un equipo conxunto da Universidade de Santiago de Compostela e a empresa Tempos Arqueólogos. Esta intervención está dirixida pola investigadora posdoutoral Celtia Rodríguez González do CISPAC (Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais) e polo profesor e investigador principal do Proxecto ARPAMED, José Carlos Sánchez Pardo da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, o equipo contará co apoio técnico da empresa Tempos Arqueólogos.

Os traballos continuarán ata o 7 de xuño e contan coa colaboración do Concello de Mondoñedo a través do asesoramento do arqueólogo Abel Vigo, así como coa participación interdisciplinar da especialista en arqueobotánica Leonor Peña Chocarro do CSIC de Madrid quen realizará unha análise das especies de plantas e cultivos que se utilizaban durante a fase altomedieval do xacemento.

Durante esta intervención, levarase a cabo a ampliación das sondaxes abertas o ano pasado en dúas fincas propiedade de Miguel Chao. José Carlos Sánchez Pardo, director científico dos traballos, sinala: “Os traballos en Mondoñedo permiten coñecer, dende a colaboración científica e a interdisciplinariedade, tanto ás persoas que viviron aquí durante a alta idade media como a evolución do uso da territorio. Estes traballos son fundamentais para entender a paisaxe rural da Galicia altomedieval”.

No ano 2023, os traballos arqueolóxicos deron lugar á localización dunha estrutura habitacional (posible casa) e a un forno, cuxos restos dataron de arredor do século V-VII. “O noso obxectivo este ano é continuar ca delimitación e documentación desta estrutura habitacional así como confirmar que estamos ante a presencia dunha aldea altomedieval, un tipo de asentamento moi pouco coñecido para os séculos dos que estamos a tratar” Indica Celtia Rodríguez González, directora da intervención.

Os principais obxectivos desta escavación son dous: en primeiro lugar, continuar coa sondaxe realizada no ano 2023, onde apareceu un forno do século V-VII d.C. e diversas estruturas asociadas a unha posible casa altomedieval; e en segundo lugar, avaliar os posibles muros descubertos a través da prospección xeofísica realizada en marzo pola empresa SOT o pasado mes de marzo.

Ao longo do ano 2023 e principios de 2024, a investigación continuou executándose a través do traballo dos materiais, a elaboración da memoria científico-técnica, así como a realización dunha prospección xeofísica. “O pasado mes de marzo realizouse unha prospección xeofísica na área continua ás escavacións realizadas no 2023”. Engade José Carlos Sánchez Pardo. “Os resultados foron importantes e significativos porque demostra que a superficie do xacemento é moito maior do que se pensaba e ten moito potencial”.

Esta intervención vincúlase aos proxectos do investigador José Carlos Sánchez Pardo “Ecologías y economías locales en la Alta Edad Media” (ECOLOC), financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, e á investigación “Arqueoloxía das paisaxes monásticas na Galicia altomedieval” (ARPAMED) financiado pola Agencia Estatal de Investigación a través da convocatoria do “Plan Nacional Generación de Conocimiento 2020”.

ÚLTIMAS

Carlos López, Biathle: “A idea é fomentar que os máis novos sintan atracción polo pentathlon”

-Por que se escolleu San Cibrao para levar adiante estas probas de Biatle-Triathle? Xa se...

Tsunami de ‘metal’ na Mariña co Resurrection Fest para a vindeira semana

A decimonovena edición do Resurrection Fest, o festival de metal, rock, punk e hardcore...

Cinco alumnos do IES de Foz foron convocados para a Megabau na Coruña

Cinco alumnos do IES de Foz foron convocados este venres (21 de xuño) para...

Lourenzá abre unha exposición arredor dos campos de concentración nazis

A Sala de Exposicións do Concello de Lourenzá alberga unha mostra sobre os campos...