InicioCentralMondoñedoO PSOE de Mondoñedo critica ao goberno local pola devolución de 150.000...

O PSOE de Mondoñedo critica ao goberno local pola devolución de 150.000 euros en axudas

A axuda eran máis de 140.000 euros para arranxar o Pavillón Municipal

Publicada o

- Advertisement -

Os Socialistas de Mondoñedo preguntaron ao goberno do PP de Mondoñedo, na pasada sesión plenaria do mes de marzo, sobre a devolución dunha axuda económica de 140.000 euros destinada a realizar melloras no Pavillón Municipal.

Concretamente trátase dunha axuda económica do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinada a Concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes publicada na Orde do 17 de febreiro de 2023. Segundo se desprende do documento rexistrado no Concello con cruño con data de entrada de 3 de febreiro de 2024 (n.304), e notificado e asinado pola subdirectora xeral de Xestión e Cooperación Económica coas entidades locais o 4 de febreiro de 2024, comunicase ao Concello de Mondoñedo “a perda do dereito a asignación concedida e a obriga da devolución do anticipo percibido”.

Esta axuda económica estaba destinada, segundo consta na convocatoria, a investimentos destinados a mellora de eficiencia enerxética de infraestruturas municipais (Liña 1). A achega total ascendia a 140.000 euros, e agora o Concello de Mondoñedo ten que reintegrar 112.000 euros que percibiron de anticipo, por unha obra que non executou. “É bastante lamentable comprobar como día tras día o PP de Mondoñedo deixa de pasar oportunidades de investimento e de creación de emprego na nosa vila, ademais nunha infraestrutura deportiva tan importante como o Pavillón Municipal, que nestes intres precisa de melloras e arranxos”, denuncian os socialistas de Mondoñedo.

Dende o PSdeG advirten ademais que con cargo a esta mesma Orde do 17 de febreiro de 2023, concretamente na Liña 2 destinada a adquisición de maquinaria municipal, “o Concello tamén ten que devolver outros 11,241,57 euros por non executalos. Este é o panorama que temos na nosa cidade, ninguén xestiona nin se preocupa polos investimentos dos mindonienses”, lamentan os socialistas.

Coche de protección civil

Ademais, nesta mesma sesión plenaria, tamén se interesaron por unha multa por exceso de velocidade ao vehículo de protección civil o pasado 5 de decembro de 2023 ás 11:06 da mañá, e que segundo sinalaron desde o goberno municipal “este vehículo dirixíase a Santiago a unha reunión coa Consellería de Medio Rural”, cando circulada a 73km/h, nun tramo limitado a 50km/h. Preguntando o equipo de Goberno do PP de Mondoñedo por si existe algunha multa máis relacionada con este vehículo pagado con cartos de tódolos mindonienses, contestan que “no”. Pois ben o “Grupo Socialista de Mondoñedo ten coñecemento, como a maioría dos mindonienses, que o pasado 22 de outubro ás 20:38 horas, na estrada LU-160, punto quilométrico 1, dirección Ferreira, este coche era conducido polo Concelleiro de Obras do Concello de Mondoñedo e deu positivo nun control de preventivo de alcoholemia. Nunha primeira proba cunha taxa 0,39 e na segunda con 0,32.Polo que houbo retirarlle o vehículo nese mesmo instante, e trasladalo por outros medios”.

“Unha persoa que cobra un soldo público a fin de mes, e que utiliza un vehículo oficial diariamente pagado tamén con fondos públicos, para realizar todo tipo asuntos, ten que ter polo menos un mínimo de ética e de responsabilidade para exercer de concelleiro. Por iso queremos denunciar este tipo de comportamentos que nos parecen indignos de calquera representante público municipal”, remarcan os socialistas.

Problemas nos nichos do fondo do cemiterio novo

Dende o PSdeG tamén interpelaron ao Goberno do PP para coñecer como se atopa o proceso de estabilización de emprego do Concello, que segundo sinalaron comezara despois de Semana Santa. E tamén trasladamos diversas queixas de propietarios de nichos do cemiterio novo, concretamente os que están no fondo, que denuncian que lles están entrando auga dentro dos nichos. O PP explicou que un problema das terras colindantes ao cemiterio municipal.

Limpeza dos rios de Mondoñedo coa colaboración da veciñanza

No apartado de rogos os socialistas solicitaron o acondicionamento e limpeza urxente dos ríos de Mondoñedo, coa colaboración da veciñanza así como de outras institucións que queiran colaborar. A limpeza e adecentamento do Calexón da Leña (ou barrio xudio), e tamén do cemiterio novo. Demandaron que na medida do posible os vehículos propiedade do Concello de Mondoñedo se garden na nave municipal ou garaxes. E por último un punto de luz en Tronceda, na vivenda de Erundina Candia.

ÚLTIMAS

O futuro da Mariña: unha historia aínda sen argumento

Alcoa anunciaba que paralizaba a construción do forno de cocción de ánodos, un dos compromisos...

Alcoa seguirá adiante coa venda de San Cibrao ao rexistrar máis perdas millonarias: 237 millóns ata marzo

Alcoa, o maior produtor estadounidense de aluminio, rexistrou perdas por importe neto atribuído de 252 millóns...

Trabada solicita unha subvención para renovar a vivenda da Unitaria de Vidal

O Concello de Trabada solicitou unha subvención ao Instituto Galego de Vivenda e Solo...

Burela acollerá será a primeira fase da ximnasia rítmica Escolar, Promoción e Pre-Base

O Concello de Burela acollerá, no pavillón Vista Alegre, a Primeira Fase da Liga...