InicioCentralMondoñedoAprobados os orzamentos de Mondoñedo por case catro millóns de euros

Aprobados os orzamentos de Mondoñedo por case catro millóns de euros

O goberno mindoniense continúa apostando tamén pola área Rexurbe de cara á dinamización económica e social do municipio e pola implantación de empresas no polígono industrial para favorecer a creación de postos de traballo.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo aprobou o orzamento para o ano 2024 que ascende a 3.814.618,50 euros cunha “forte aposta” polos servizos sociais. As contas municipais para o próximo exercicio estarán vixentes a comezos de ano de forma que “permitirán ao Concello seguir traballando con estabilidade e previsión, como se fixo todos estes anos dende o 2015”.

O orzamento reflicte o compromiso do Concello “coas persoas que máis o necesitan como maiores e dependentes”. De feito, o goberno local incrementa a partida dirixida a servizos sociais: “centraremos esforzos en manter uns servizos sociais dignos de admirar”, segundo subliña a concelleira de Facenda, Ángeles Rodríguez.

O goberno mindoniense continúa apostando tamén pola área Rexurbe de cara á dinamización económica e social do municipio e pola implantación de empresas no polígono industrial para favorecer a creación de postos de traballo. Neste eido, o Concello dirixe fondos propios a unha liña de axudas para o asentamento de actividade no polígono industrial.

Os orzamentos contemplan o mantemento dos servizos públicos básicos “imprescindibles para a cidadanía” como a recollida e o tratamento de residuos, a iluminación pública – garantindo un servizo eficiente reducindo ao máximo os custes- e o coidado das zonas axardinadas”. Igualmente, apostan por manter os servizos no ámbito cultural e deportivo atendendo ás necesidades e demandas sociais.

O goberno local trata de “actuar con prudencia” e conter o gasto en investimentos. Con todo, contempla desenvolver actuacións polas distintas parroquias como vén realizando nos últimos anos, “priorizando aquelas obras de máis necesidade”. Desenvolveranse con fondos procedentes doutras administracións e tamén con fondos propios. De ser necesario, efectuarán modificacións de créditos para aportar os fondos necesarios.

ÚLTIMAS

Un ferido logo de envorcar un camión no Vicedo

O condutor dun camión resultou ferido este mércores no Vicedo (Lugo) tras saírse da...

Sanidade nega “graves deficiencias” en material nos centros de saúde da Mariña

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos saíu a desmentir...

O BNG de Foz alerta do atranco no desaugue na praia da Areoura

O BNG de Foz denuncia o mal estado da tubaxe que pasa por debaixo...

ACISA Ribadeo entrega os premios da campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo sorteou e entregou este mércores os premios da campaña de San Valentín. Roberto...