InicioCentralMondoñedoRememorar os vellos tempos no lugar de Zoñán, en Mondoñedo

Rememorar os vellos tempos no lugar de Zoñán, en Mondoñedo

Todas as actividades desta xuntanza foron financiadas integramente polos veciños de Zoñán.

Publicada o

- Advertisement -

Máis de 70 veciñas e veciños de Zoñán, na parroquia dos Remedios de Mondoñedo, celebraron este sábado unha xuntanza de confraternización cun xantar, na que ademais houbo carpa, un bo catering con churrasco, fogos artificiais e por suposto, xogos para os máis pequenos da vila.

Monica, Cristina, Alba, Belen e Minerva, as organizadoras deste xantar, decidiron xuntar a toda a veciñanza para volver a reunirse despois de moitos anos, para charlar e lembrar asi os vellos tempos en Zoñán. “Aquí pasamos a nosa infancia, xunto ás nosas familias, cos traballos do campo e coas festas ao carón da capela da Virxe do Camiño. E por iso quixemos volver a reunirnos para rememorar aos nosos veciños e facerlles unha pequena homenaxe, porque moitos deles xa non están. E tamén para reivindicar a vida na nosa parroquia da que nos sentimos moi orgullosas. Ademais, houbo familias que non puideron participar por diferentes motivos, pero que nos trasladaron todo o seu apoio para celebrar este encontro”, explican dende a organización.

“Por iso queremos agradecer a implicación e a colaboración de toda a veciñanza durante esta xornada. Tódalas familias de Zoñán quixeron participar e estar presentes neste encontro que foi moi emotivo e fraternal. O veciño máis veterano que asistiu foi Francisco Rico con 94 anos, e o máis novo Leo con 4 anos“, sinalan as organizadoras.

Tamén queren deixar constancia de que tódalas actividades desta xuntanza foron financiadas integramente por tódolos veciños de Zoñán, sen obter ningunha axuda por parte do Concello de Mondoñedo para realizar este encontro veciñal. 

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O PXOM aprobouse despois de esperar seis anos polos permisos de Augas de Galicia”

-Por que se tardou tanto en aprobar o PXOM de Foz? Houbo un cambio de...

Adolfo Corral: ‘O SERGAS di que a asistencia sanitaria na Mariña está garantida, nós dicimos que non é certo’

-Ademais do persoal que traballa no centro hospitalario de Burela, ás concentracións acoden tamén...

Foz celebra a Festa do Berberecho o sábado 26 de abril

O próximo sábado, día 26 de abril chega de novo a Festa do Berberecho...

Xebra! celebrará a presentación do libro ‘Diário comboio’ de Raquel Miragaia

O centro social Xebra! acolle este venres 25 de abril a presentación de 'Diário...