InicioCentralLourenzáLourenzá e o Club Vespa&Clásicos organizan unha viaxe en vehículos clásicos até...

Lourenzá e o Club Vespa&Clásicos organizan unha viaxe en vehículos clásicos até Noruega

A rexedora municipal, Rocío López, destaca que “esta acción de promoción turística levará a Lourenzá por outros lugares do mundo e mostrará os nosos atractivos patrimoniais, culturais, gastronómicos e paisaxísticos para atraer futuros visitantes. Non deixedes de seguir de preto esta aventura! Embárcate con nós!”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Lourenzá en colaboración co club VespaFaba&Clásicos Lourenzá organizan unha aventura sobre rodas que levará o nome do municipio laurentino ata terras de Noruega, concretamente a Nordkapp. “Dous aventureiros do club de clásicos de Lourenzá emprenderán unha apaixonante viaxe a bordo dun coche Dyane 6 e unha moto Vespa 200 dende a Terra da Faba. A saída dos protagonistas desta aventura está prevista para este sábado, 28 de maio, ás 12:00 horas no Cantón. O venres a partir das 8:00 horas inaugúranse os actos da saída cun espectáculo dun globo aerostático cautivo (estático) no Campo dos Bolos, cortesía de Íkaro Globos (Asturias) que dará publicidade ao evento e que poderá verse ao lonxe, dende os concellos limítrofes”, anuncia a alcaldesa, Rocío López.

A rexedora municipal destaca que “esta acción de promoción turística levará a Lourenzá por outros lugares do mundo e mostrará os nosos atractivos patrimoniais, culturais, gastronómicos e paisaxísticos para atraer futuros visitantes. Non deixedes de seguir de preto esta aventura! Embárcate con nós!”.

Rocío López remata agradecendo a colaboración nesta iniciativa de Club VespaFaba&Clasicos, Jorge Aguirre (Cirila), Ceferino (Vespa), Banda Música Lourenzá, Íkaro Globos, Cooperativa Terras da Mariña, Pitero e Agrupación de Protección Civil de Lourenzá.

ÚLTIMAS

Cristina Lagares, libraría Bahía: “Quero continuar co modelo de traballo da libraría porque sempre funcionou ben”

Cristina Lagares, -Por que te decidiches a embarcarte nesta aventura da Libraría Bahía? Antes disto...

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...