InicioCentralLourenzáBispado e Concello de Lourenzá asinan o convenio de cesión para restaurar...

Bispado e Concello de Lourenzá asinan o convenio de cesión para restaurar o mosteiro de San Salvador

Os fondos destinados para a rehabilitación foron enviados polo Goberno central.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Lourenzá asinou hoxe, mércores, un convenio co Bispado de Mondoñedo-Ferrol para rehabilitar o mosteiro de San Salvador cunha subvención concedida polo Goberno central.

A alcaldesa, Rocío López, explicou que “hoxe pola mañá asinamos un convenio de cesión co Bispado dunha parte do mosteiro de San Salvador; concretamente ese acordo inclúe o claustro maior, todas as dependencias situadas en torno a ese claustro principal”. A estas actuacións engádense o coñecido como Torreón dos Frades tamén e o Campo dos Bolos.

Con esta cesión o Concello poderá beneficiarse das subvencións dentro do Plan Nacional para o Turismo do Xacobeo, do Goberno central, polo cal ao mosteiro de San Salvador destínanse 2 millóns de euros.

A rexedora municipal engadiu que “este convenio que se asinou co Bispado ten unha duración de 29 anos e hoxe é para Lourenzá un día especial, histórico e para celebrar xa que sentamos as bases e colocamos esa primeira pedra que nos permitirá conseguir a rehabilitación dese patrimonio”.

Rocío López tamén anunciou que “o pasado martes, previo a esta firma, celebrouse un pleno extraordinario e urxente da corporación municipal, no que se tratou a aprobación do borrador deste convenio e hai que destacar que todos os grupos políticos (PSOE, PP e BNG) votamos a favor“. Por ese motivo, López salientou esa confluencia e preocupación que “temos todos os grupos por marcar esa folla de ruta e ter ese obxectivo común que é a rehabilitación do noso mosteiro”.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...