InicioCentralLourenzáDebaten en Lourenzá sobre a necesidade dun sistema público de dependencia

Debaten en Lourenzá sobre a necesidade dun sistema público de dependencia

O acto celebrarase no Salón de Actos do Concello este venres 23 ás 19:30 horas.

Publicada o

- Advertisement -

Lourenzá acollerá este venres,23 de xullo, ás 19:30 horas no Salón de Actos do Concello un acto público no que se vai abordar a situación actual do sector da dependencia e a necesidade social de contar cun servizo público potente que garanta os dereitos das persoas nesa situación.

Para este fin contarse coa presencia de Francisco Luis Vázquez Vizoso. Médico Epidemiólogo, ex-Xefe de Servizo de Medicina Preventiva do Complexo Hospitalario de Pontevedra, e membro, promotor e activista do Movemento Galego pola Defensa das Pensións e dos Servicios Públicos (MODEPEN). Nos últimos anos ten publicado numerosos artigos en prensa abordando a situación e problemáticas do sector da dependencia analizando a súa situación derivada da progresiva privatización.

A presentación do poñente vai correr a cargo de Evaristo Lombardero, médico xubilado e membro de MODEPEN de Ribadeo. O aforo vai estar limitado en observancia das medidas anti-covid19 vixentes.

 

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...