As instalacións deportivas municipais do ximnasio multiusos e da pista de pádel de Lourenzá reabrirán o vindeiro martes, 1 de xuño. Así o anunciou a alcaldesa, Rocío López, que precisou que estarán abertas “sempre que a situación sanitaria se manteña estable”.
Nun comunicado, o concello informa que @s soci@s do ximnasio poderán reanudar a súa actividade con reserva previa dende as 11 da mañá ata as 23 horas de luns a domingo e deberán asumir o protocolo coa normativa existente ata este momento. Os interesad@ poden darse de alta aquí.
A pista de pádel tamén volverá a funcionar a partir do vindeiro martes. Todos aqueles que queiran darse de alta para o uso da instalación poden facelo nesta ligazón. Para calquera dúbida os interesados poden contactar co Técnico de Deportes, Rubén G. Piñeiroa, no teléfono 610.91.66.96 ou no correo villaronte@gmail.com.