InicioCentralOs maiores de Lourenzá visitan Muxía

Os maiores de Lourenzá visitan Muxía

A expedición foi recibida polo alcalde e tamén coñeceu as cascadas do Ézaro

Publicada o

- Advertisement -

A Concellería de servizos sociais do Concello de Lourenzá organizou unha excursión a Muxía e ás cascadas do río Ézaro na que participaron 50 veciños do municipio.

En concreto, a actividade foi programada para os alumnos do taller de memoria do Concello e para outras persoas xubiladas maiores de 65 anos, ata completar as prazas dispoñibles. Tamén viaxou a alcaldesa, a socialista Rocío López, e outros representantes municipais. Os asistentes poideron desfrutar das espectaculares fervenzas e tamén da igrexa de Nosa Señora da Barca. 

IRMANDADE

A expedición foi recibida polo alcalde de Muxía, Félix Porto, que “presentou os atractivos turísticos do seu concello. Con esta viaxe consolidamos a boa relación entre Lourenzá e Muxía, que se iniciou na pasada edición da Festa da Faba, cando ese concello da Costa da Morte acudiu como invitado”, precisou a alcaldesa.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...