InicioCentralLourenzáO PP de Lourenzá presenta unha queixa á Valedora por "parálise institucional"...

O PP de Lourenzá presenta unha queixa á Valedora por “parálise institucional” no concello

Os concelleiros populares solicitan a intervención da Valedora do Pobo para que inste á alcaldesa a cumprir de inmediato cos acordos plenarios, poña fin a este secuestro institucional e convoque de xeito urxente o pleno ordinario que leva meses arrastrando.

Publicada o

- Advertisement -

Os concelleiros do Grupo Municipal Popular de Lourenzá veñen de rexistrar unha queixa formal ante a Valedora do Pobo pola “parálise institucional”” e o “reiterado incumprimento” da legalidade por parte da alcaldesa, que mantén ao Concello sen celebrar un pleno ordinario desde o pasado mes de novembro.

O voceiro popular, Roberto Díaz, recorda que, segundo o aprobado no pleno de organización ao inicio do mandato, a corporación local debe reunirse en sesión ordinaria o terceiro xoves dos meses de xaneiro, marzo, maio, xullo, setembro e novembro. “No que vai de ano 2026, a alcaldesa obviou por completo este calendario, deixando de convocar as sesións correspondentes a xaneiro, marzo e maio”, destacou.

Os populares cualifican a actitude da rexedora como un “bloqueo democrático” que atenta directamente contra os dereitos dos concelleiros da oposición e, o que é máis grave, contra o dereito dos veciños de Lourenzá a estar informados e a que as súas demandas sexan debatidas no órgano máximo de representación municipal.

Non nos gusta ter que recorrer á Valedora do Pobo, pero a alcaldesa non nos deixa outra alternativa ante o seu nulo respecto pola democracia”, explicou, ao que engadiu que “os plenos non son un capricho do Goberno, son unha obriga legal e o espazo onde se deben fiscalizar as contas, aprobar os proxectos e dar voz aos problemas dos veciños”.

Os concelleiros populares solicitan a intervención da Valedora do Pobo para que inste á alcaldesa a cumprir de inmediato cos acordos plenarios, poña fin a este secuestro institucional e convoque de xeito urxente o pleno ordinario que leva meses arrastrando.

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...