InicioCentralLourenzáLourenzá organiza actividades para o 8M os días 3, 8, 9, 13...

Lourenzá organiza actividades para o 8M os días 3, 8, 9, 13 e 16 de marzo

Publicada o

O Concello de Lourenzá organiza varias actividades con motivo do 8M, Día Internacional da Muller. Serán os días 3, 8, 9, 13 e 16 de marzo, anuncia a alcaldesa, Rocío López.

Este martes, 3 de marzo, haberá o obradoiro titulado A mimosa, flor do feminismo, cos alumnos do taller de memoria de Lourenzá.

O domingo 8 terá lugar a charla co título Prevención secundaria centrada na muller, a cargo de Alba Blanco Vázquez (médico de Atención Primaria no Centro de Saúde de Lourenzá). Será no salón de actos do Concello ás 17:30 horas e contará con acompañamento musical a cargo do grupo Os dos martes, da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez.

Ademais desenvolverase o taller titulado Ao son das mulleres, en tres sesións: o luns 9 de marzo na Escola de San Adriano de 19:00 a 20:00 horas; o venres 13 de marzo no Local Social de San Xurxo de 17:00 a 18:00 horas; e o luns 16 de marzo no Multiusos Ponte Cuñas, en Vilanova, de 19:00 a 20:00 horas. Serán impartidos pola musicoterapeuta María Fuente, que explica: “neste taller crearemos un espazo pensado para as mulleres, onde poder expresarse, crear e traballar o autocuidado, desde a comunicación non verbal, o respecto e a empatía, tendo como vínculo a música; axudando a diminuír o estrés e a ansiedade, mellorando a nosa autoestima, xestión emocional e a nosa calidade de vida”.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...