InicioCentralLourenzáCursos de dixitalización en Lourenzá para o mes de marzo

Cursos de dixitalización en Lourenzá para o mes de marzo

Os cursos están destinados á aprendizaxe para cuestións do día a día

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa, Rocío López, anuncia que “estes tres cursos terán lugar en Lourenzá dentro do programa E para dixitalizarse Lugo, iniciativa da Deputación Provincial financiada con fondos Next Generation. Están dirixidos a achegar a aprendizaxe dixital a poboación do ámbito rural e favorecer o uso de novas tecnoloxías na vida diaria”.

Un dos cursos é de robótica e terá lugar no Ceip Juan Rey para todo o alumnado, os días 10 e 17 de marzo. Os outros dous desenvolveranse no Multiusos Ponte de Cuñas: un deles, sobre intelixencia artificial e destinado a autónomos e pemes, será os días 10 e 17 de marzo de 19:00 a 22:00 horas; e o outro, dirixido a toda veciñanza en xeral e que tratará sobre a Chave 365, o certificado dixital, etcétera, levarase a cabo os días 11 e 18 de marzo de 17:00 a 19:30 horas.

A rexedora municipal de Lourenzá anima á veciñanza a participar nestes cursos para “aproveitar esta oportunidade de formación gratuíta porque son uns cursos moi prácticos e orientados ás xestións habituais do día a día e destinados a favorecer a inclusión tecnolóxica de toda veciñanza”.

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...