InicioCentralLourenzáA compañía El Ruiseñor gaña o VII Certame de Teatro de Lourenzá

A compañía El Ruiseñor gaña o VII Certame de Teatro de Lourenzá

O Concello de Lourenzá agradece a asistencia dos veciños e veciñas tanto á gala como as distintas representacións que se levaron a cabo durante os sábados e domingos do mes de novembro no Multiusos Ponte de Cuñas

Publicada o

- Advertisement -

Na tarde do pasado sábado, 13 de decembro, nunha gala con gran afluencia de público, foron entregados os premios de VII Certame de Teatro Concello de Lourenzá. A obra A xuntanza, da compañía El Ruiseñor, de Culleredo, recibiu o premio Conde Santo á mellor representación. Así mesmo recolleron o premio á mellor posta en escena e o Lourenzo ao mellor actor, que recaeu en Fernando Moares.

O grupo Ollomao, de Barreiros, coa obra Dona Clara, recibiu o premio especial do público e Patricia Pérez o premio Ana á mellor actriz. O premio ao mellor actor de reparto foi para Quequé Mareque, de Teatro do Asteleiro, de Ferrol, e o de mellor actriz de reparto para Nerea Acebo, de Imaxina-T, de Narón.

A gala foi presentada pola actriz laurentina Carmen de Picoaga, que tamén participou na obra Julieta en verano, representada polos grupos gijoneses Luz de Gas e El Callejón del Gato.

O Concello de Lourenzá agradece a asistencia dos veciños e veciñas tanto á gala como as distintas representacións que se levaron a cabo durante os sábados e domingos do mes de novembro no Multiusos Ponte de Cuñas. Tamén destaca dunha maneira especial “o difícil traballo realizado polo xurado encargado de valorar e premiar as distintas obras presentadas a concurso, todas elas dunha gran calidade”.

ÚLTIMAS

Cervo reforza a coordinación para garantir a seguridade en citas do verán

  O Concello de Cervo acolleu este luns a reunión da Xunta Local de Seguridade,...

O Bal y Gay ofrece este 2026 a súa edición máis ambiciosa consolidando A Mariña como referente da música clásica

A rolda de prensa para a presentación da nova edición do Festival Bal y...

Morre un home nun accidente de tráfico en Trababa por unha saída de vía

Un home de 64 anos faleceu nun accidente de tráfico no municipio lucense de...