InicioCentralLourenzáA XI VespaFaba & Clásicos Lourenzá celebrarase a vindeira fin de semana

A XI VespaFaba & Clásicos Lourenzá celebrarase a vindeira fin de semana

A organización deste evento destaca que é “unha cita consolidada xa no calendario dos eventos de vehículos clásicos e motos, sobre todo da mítica Vespa, que atrae participantes de todo Galicia, Asturias e Castela e León”

Publicada o

- Advertisement -

Este ano celebrase a 11ª edición de Vespafaba & Clásicos Lourenzá e, como ven sendo costume, cun formato de dous días, 4 e 5 de outubro. Na presentación deste evento participaron a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango; e o deputado provincial da Área de Rural, Daniel García, xunto a membros da organización desta presentación, que destaca que é “unha cita consolidada xa no calendario dos eventos de vehículos clásicos e motos, sobre todo da mítica Vespa, que atrae participantes de todo Galicia, Asturias e Castela e León”.

O sábado 4 de outubro é o día dedicado a scooters e motos clásicas. A recepción deses vehículos será na rúa Fernández del Riego a partir das 10.00 horas, onde desde as 12.00 se celebrarán una xincana e probas de habilidade, “algo moi entretido que capta a atención de numerosos visitantes”. A ruta está prevista para as 13.30 horas, “na que se percorrerá o Val de Lourenzá, haberá un pincheo polo camiño e regresarase á vila para o xantar servido por catering Chao da Brea, no que se fará a entrega de premios e un gran sorteo”.

O domingo 5 de outubro é a xornada para os coches clásicos. “Poderán participar vehículos anteriores a 1995 (30 anos), a recepción será tamén na rúa Fernández del Riego e os coches permanecerán expostos nas rúas da vila ata as 13.30 horas para o desfrute de participantes e visitantes da Festa da Faba, xa que moitos destes vehículos causan gran expectación ó encontrarse con modelos espectaculares en perfecto estado de conservación e algunhas curiosas e singulares unidades das décadas do 1930 e 1940 e 1950; tamén unha ampla inscrición de vehículos dos 60 e 70, e como non, gran variedade dos clásicos mais modernos de finais dos 80 e comezos dos anos 90. A saída da ruta será as 13.30 polo centro de Lourenzá, un dos momentos máis espectaculares, xa que se forma un pasillo humano de visitantes da festa admirando o desfile de vehículos que se dirixirán a Bretoña (A Pastoriza), onde será o xantar as 14:30 horas en Hotel A Casa Da Luz e quedarán expostos os vehículos ata as 16:30, hora do regreso a Lourenzá, onde se celebrará a entrega de premios e un gran sorteo aló polas 17:30 horas”, explican os organizadores.

“Coma sempre, a inscrición consta de regalo de benvida, xantar e participación nun gran sorteo o final do evento. Teremos uns premios ambos días para: coche / moto máis espectacular, coche / moto máis antiga, participante máis afastado, piloto máis veterano, club máis numeroso, recordo de participación a cada club asistente e algún que outro trofeo sorpresa”, anuncia a organización.

A data límite de inscrición é o mércores 1 de outubro, as prazas son limitadas e “esperase igualar ou superar as cifras de participación do ano pasado, no que se puideron ver o sábado sobre 70 motos e o domingo uns 160 coches”.

ÚLTIMAS

José Ramón Rodríguez Castiñeira: “No verán xa non houbo médicos suficientes en Foz e isto vén desde hai tempo”

-Que ocorreu o sete de xaneiro para que, con posterioridade, se levase adiante unha...

Charlas sobre diabetes en Ribadeo para o 27 de xaneiro dentro do programa Preto de Ti

O Concello retoma as charlas de saúde do programa Preto de Ti, reafirmando así...

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou a Praza de Abastos de Viveiro

José González Vázquez, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, realizou hoxe unha visita institucional...

Ribadeo acolleu este sábado o Campionato Galego de Cross Xogade 2025-2026

Ribadeo foi este sábado sede dunha nova cita do calendario deportivo galego coa celebración...