InicioCentralLourenzáPepe Peinó pregoeiro da XXXIII Festa da Faba de Lourenzá

Pepe Peinó pregoeiro da XXXIII Festa da Faba de Lourenzá

O Concello de Lourenzá explica que o autor do cartel é o veciño José Manuel García, un estudoso e recuperador dos xoguetes tradicionais, coautor de varios libros sobre o tema, do que tamén é o responsable das súas ilustracións

Publicada o

- Advertisement -

Pepe Peinó será o pregoeiro da XXXIII Festa da Faba de Lourenzá, evento cuxo cartel é obra de José Manuel García. Os dous participaron nunha presentación xunto á a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango; e o edil de Medio Rural, Mario Leitón.

O Concello de Lourenzá explica que o autor do cartel é o veciño José Manuel García, un estudoso e recuperador dos xoguetes tradicionais, coautor de varios libros sobre o tema, do que tamén é o responsable das súas ilustracións. Nesta ocasión a imaxe principal do cartel é a fonte da ra, “un símbolo para todos os laurentinos, no que as pedras que a forman aparecen substituídas polas famosas fabas de Lourenzá”.

Tamén foi presentado o pregoeiro de XXXIII edición da Festa da Faba. Trátase de Pepe Peinó, “un referente cultural na Mariña e moi querido pola xente do noso concello. Profesor de profesión e escritor e cómico de vocación, moi vinculado a Lourenzá, onde pasou varios veráns da súa xuventude e onde anos máis tarde colaborou dirixindo e representando obras de teatro, moi celebradas polo público e a veciñanza laurentina”.

Nesta edición da Festa da Faba, que se celebrará do 3 ao 5 de outubro, poderán degustarse as recoñecidas fabas de Lourenzá e participar en actividades culturais, musicais, mostras de artesanía, gastronomía, etcétera.

ÚLTIMAS

José Ramón Rodríguez Castiñeira: “No verán xa non houbo médicos suficientes en Foz e isto vén desde hai tempo”

-Que ocorreu o sete de xaneiro para que, con posterioridade, se levase adiante unha...

Charlas sobre diabetes en Ribadeo para o 27 de xaneiro dentro do programa Preto de Ti

O Concello retoma as charlas de saúde do programa Preto de Ti, reafirmando así...

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou a Praza de Abastos de Viveiro

José González Vázquez, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, realizou hoxe unha visita institucional...

Ribadeo acolleu este sábado o Campionato Galego de Cross Xogade 2025-2026

Ribadeo foi este sábado sede dunha nova cita do calendario deportivo galego coa celebración...