InicioCentralLourenzáLourenzá vibrará coas Festas do Conde Santo desde o 28 de agosto

Lourenzá vibrará coas Festas do Conde Santo desde o 28 de agosto

Publicada o

- Advertisement -

Vilanova de Lourenzá celebra as festas do Conde Santo con diversas actividades desde este xoves, día 28 de agosto, ata o luns 1 de setembro.

Os actos comezarán o xoves 28 ás 19:00 horas coa representación teatral titulada Punto en boca: entre fíos anda o lío, por Raquel Crespo no Multiusos Ponte de Cuñas, onde ás 20:30 horas terá lugar o pregón a cargo de Isidro Rodríguez Loredo, coñecido como O Core.

O venres 29 desde as 17:00 horas haberá o Día da Bicicleta. E a partir das 21:30 horas celebrarase a cea baile Lenda do Conde no mosteiro de San Salvador, onde ás 23:30 horas actuará La Penúltima Sabinera (grupo tributo a Joaquín Sabina), con entrada gratuíta.

O sábado 30 ás 11:30 horas sairán os Cocos; ás 13:00 celebrarase misa solemne; ás 14:00 horas empezará a sesión vermú co grupo D-Kriss; ás 17:00 horas haberá partido de fútbol infantil que enfrontará a ED Lourenzá coa SD Burela; ás 18:00 sairán os Cocos e cabezudos; ás 18:30 comezará a mostra folclórica da asociación Osorio Gutiérrez, no claustro; ás 19:00 horas disputarase o partido de fútbol xuvenil entre a ED Lourenzá e a SD Burela; e ás 23:00 empezará a verbena co grupo D-Kriss e Alaska.

O domingo 31 sairán os Cocos ás 11:30 horas; ás 13:00 horas celebrarase misa solemne; ás 14:15 empezará a sesión vermú co grupo Da Silva; ás 18:00 horas disputarase o torneo de fútbol Conde Santo entre os equipos ED Lourenzá e Vegadeo CF; ás 18:30 volverán saír os Cocos; ás 20:30 horas haberá pasarrúas da Charanga de Carmiña; e ás 23:00 comezará a verbena co grupo Da Silva e América

E o luns 1 de setembro sairán os Cocos ás 12:00 horas e ás 14:00 empezará a sesión vermú co dúo Epo-k.

As festas están organizadas pola asociación Conde Santo, coa colaboración do Concello de Lourenzá e da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...