InicioCentralLourenzáFormación en márketing dixital organizada pola Mancomunidade de Concellos

Formación en márketing dixital organizada pola Mancomunidade de Concellos

Publicada o

- Advertisement -

O salón de actos do Concello de Lourenzá acolle no día de hoxe unha xornada de formación que, baixo o título Novos retos e oportunidades no marketing dixital, ten como obxectivo avanzar na formación e actualización dos coñecementos no eido dixital dos profesionais do sector turístico da zona. Máis dunha vintena de profesionais de oficinas de turismo, establecementos hostaleiros, guías e xestores de servizos turísticos participan nesta xornada, que forma parte das accións trazadas no marco do Plan de Sostibilidade Turística da Mariña 2022-2024, impulsado desde a Mancomunidade.

A benvida institucional correu a cargo do alcalde en funcións de Lourenzá, Javier Huertas; a xefa da Área Provincial de Turismo en Lugo, Paloma Vázquez; e a vicepresidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Ana Ermida. Na súa intervención, Ana Ermida agradeceu aos asistentes a súa presenza, que pon de manifesto o interese e vontade por parte do sector turístico da Mariña “para medrar e seguir mellorando, para estar actualizados e para ser máis competitivos no marco dun mundo que innova cada vez a maior velocidade”. E salientou que este encontro é unha grande oportunidade para preparar ao tecido turístico cara un sector máis profesionalizado e disposto para asumir con éxito os novos retos de futuro.

Recursos para un turismo sostible

A formación pretende servir de apoio aos profesionais turísticos, favorecendo así a súa formación e tratando de aproveitar todas as posibilidades que ofrece o mundo dixital cun obxectivo claro: favorecer o desenvolvemento da Mariña como destino de turismo sostible, innovador e competitivo.

A xornada é impartida por un profesional con experiencia na formación, especializado en marketing e estratexias dixitais, que aproximará aos asistentes ao mundo dixital a través dun temario global que incluirá unha serie de temas clave. O obxectivo é coñecer ferramentas e recursos, aprendendo o modo de adaptalas e aproveitalas para cada negocio en concreto, en función dos seus recursos e obxectivos. Coñecer as claves do marketing dixital é fundamental para axudar a entidades e empresas pequenas e medianas do sector turístico a mellorar a súa visibilidade online, atraer máis clientes e fidelizar aos visitantes mediante ferramentas dixitais accesibles e prácticas.

Esta xornada de formación, que se desenvolve durante o día de hoxe en Lourenzá, está promovida pola Mancomunidade de Concellos de A Mariña Lucense no contexto do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense 2022-2024, cofinanciado pola propia Mancomunidade, a Axencia Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.

ÚLTIMAS

Mario Pillado: “Os que temos obrigas públicas debemos combater o discurso do odio”

-Cal foi a orixe destes premios contra a discriminación racial desde o Concello de...

Sanidade asinará un protocolo para ampliar o centro de saúde de Foz

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantivo este pasado martes unha reunión de traballo...

Acusan de “transfondo político” as concentracións diante do Hospital de Burela

A dirección do Distrito Sanitario da Mariña asegura que, coa súa petición realizada o...

Constitúen a Comisión de Comercio de ACISA Ribadeo

En Acisa Ribadeo quedou constituída a comisión de comercio, que terá como obxectivos analizar...