InicioCentralLourenzáO PP de Lourenzá reunirase co sector da faba para buscar solucións

O PP de Lourenzá reunirase co sector da faba para buscar solucións

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Lourenzá organiza este venres un encontro con profesionais do sector fabeiro, unha xornada que leva por título ‘Faba de Lourenzá: retos de futuro’ e durante a que se abordarán os retos aos que se enfrontará o sector nos vindeiros anos, ademais de coñecer as inquedanzas dos profesionais para así poder buscar solucións para “un sector fundamental para a comarca”.

O voceiro do PP de Lourenzá, Roberto Díaz, explica que “se trata dunha xornada moi interesante e fundamental para os profesionais do sector, que son moitos na nosa comarca, xa que hai que buscar o xeito de atopar solucións aos problemas existentes e que puideran aparecer para garantir a viabilidade desta profesión”.

Ademais, Roberto Díaz recorda que “xa levamos tempo traballando e reuníndonos con Agacal para analizar a situación pola que atravesa o sector e poder chegar a solucións e conclusións que poder trasladarlles aos fabeiros, xa que a realidade é que están moi preocupados pola situación actual”.

A xornada terá lugar este venres 7 de marzo, a partir das 16:00 horas, no salón de actos do Concello de Lourenzá e contará coa presenza de Martin Alemparte Vidal, director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, e de Alfredo Taboada, tecnólogo investigador Agacal-CIAM e responsable da sección hortícola do Banco de Recursos Fitoxenéticos Agacal.

ÚLTIMAS

Pastor Fábrega Álvarez: “O castro de Cabo Burela pode dar moitas sorpresas por estar moi ben conservado”

  Esta é a primeira prospección arqueolóxica que se realiza no Cabo de Burela? Si, é...

María José Barreira, PSOE do Valadouro: “a resposta de por que o concello non cumpre con Facenda é botar balóns fóra”

— Cal é o motivo polo cal o Concello do Valadouro é considerado como...

O novo libro dos Bolechas dedicado á multiculturalidade de Burela

O Concello de Burela presentou este venres na Praza da Mariña o libro Os...

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...