InicioCentralLourenzáO PP pide ao Goberno destinar fondos para rehabilitar o mosteiro de...

O PP pide ao Goberno destinar fondos para rehabilitar o mosteiro de San Salvador en Lourenzá

"O Goberno central debería contribuír nalgunha medida á rehabilitación deste importante elemento do patrimonio cultural", considerou Balseiro.

Publicada o

- Advertisement -

O senador do PP de Lugo José Manuel Balseiro pedirá este luns na Comisión de Cultura do Senado que o Goberno central lidere e financie, con cargo a fondos estatais, a obra de rehabilitación integral do mosteiro de San Salvador de Vilanova de Lourenzá.

Segundo informaron os populares nun comunicado, a iniciativa inclúe a elaboración e execución dun proxecto de intervención, só ou en concorrencia con outras administracións.

O obxectivo, engadiron, é preservar, protexer e poñer en valor o mosteiro declarado Conxunto Histórico-Artístico en 1974 e que ten a consideración de Ben de Interese Cultural de Galicia na categoría de Monumento.

“O Goberno central debería contribuír nalgunha medida á rehabilitación deste importante elemento do patrimonio cultural”, considerou Balseiro.

ÚLTIMAS

Sargadelos nega responsabilidade nos casos de silicosis e eleva o pulso coa Inspección de Traballo

Sargadelos afirma que "non é certo, nin está comprobado, que os dous casos detectados...

Viveiro convocará un pleno extraordinario para aprobar os Orzamentos 2026

O Concello de Viveiro convocará antes do 31 de decembro un pleno extraordinario para...

A promoción de mercados e o turismo sostible marcan o ano máis dinámico na Mariña

Remata un ano frutífero para o turismo da Mariña. Ao abeiro do Plan de...

‘Vila Nadal’ en Mondoñedo para todos os públicos

O Concello de Mondoñedo presentou hoxe Vila Nadal Mondoñedo, un espazo de lecer pensado para todos os...