InicioCentralLourenzáO desfile de Entroido de Lourenzá celebrarase o 9 de marzo

O desfile de Entroido de Lourenzá celebrarase o 9 de marzo

O primeiro tenente de alcalde, Javier Huertas, destaca que “ao ser o 9 de marzo día de feira haberá servizo de pulpo e churrasco nas naves do recinto feiral”

Publicada o

- Advertisement -

Lourenzá celebrará o seu desfile de Entroido o Domingo de Piñata, día 9 de marzo, con máis de 5.000 euros en premios. Estará amenizado coa música do dúo Epo-K.

O desfile empezará ás 16:30 horas e haberá premios para as categorías infantil e adulta individual, parellas, grupos, carrozas, charangas, comparsas e premio especial ao máis chistoso. As inscricións para participar poden facerse na Biblioteca Municipal de 17:00 a 20:00 horas de luns a venres, por teléfono no 982.12.10.06 ou por WhatsApp no 637.05.51.63. E tamén o propio domingo 9 de marzo no recinto feiral de 12:00 a 15:00 horas.

Está organizado polo Concello de Lourenzá, coa colaboración da asociación de comerciantes, industriais e autónomos ACIAL.

O primeiro tenente de alcalde, Javier Huertas, destaca que “ao ser o 9 de marzo día de feira haberá servizo de pulpo e churrasco nas naves do recinto feiral” e anuncia que “a organización decidiu que o desfile vaise celebrar excepto que haxa alerta de temporal; aínda que chova non se aprazará, a diferenza do que se fixo en anos anteriores. Sairemos si ou si”.

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

ACISA Ribadeo galardoada co premio Nacional de Comercio Interior polo Ministerio de Economía

Acisa Ribadeo foi galardoada co Premio Nacional de Comercio Interior na categoría de Centros...

A Área de Servizos Sociais de Barreiros leva adiante un curso de formación para a inserción laboral

A área de Servizos Sociais do Concello de Barreiros, dirixida pola tenente de alcaldesa...

Campus Mareo Itinerante do Sporting de Gijón en Ribadeo para o 22 de xuño

Ribadeo acollerá do 22 ao 27 de xuño o Campus Mareo Itinerante do Sporting...