InicioCentralLourenzáO PP de Lourenzá reclama ao goberno local que arranxe a pista...

O PP de Lourenzá reclama ao goberno local que arranxe a pista local de Maderne

Os concelleiros do PP inciden en que “as reparacións superficiais non son suficientes” porque “se limitaron a aplicar unha capa de zahorra que se dispersa co paso dos vehículos e coa acción da auga”

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Lourenzá urxe ao goberno local socialista a levar a cabo traballos para o arranxo dunha pista municipal en Maderne incluíndo “a aplicación de aglomerado e a limpeza de cunetas e canles que favorezan o desaugue”; tras comprobar que a actuación realizada non solucionará o problema a longo prazo.

Os populares expuxeron no último pleno as queixas dos veciños e veciñas, pero a resposta do goberno local foi que xa se estaban levando a cabo reparacións. Con todo, os concelleiros do PP inciden en que “as reparacións superficiais non son suficientes” porque “se limitaron a aplicar unha capa de zahorra que se dispersa co paso dos vehículos e coa acción da auga”.

É máis, “se os traballos non inclúen a aplicación dun pavimento máis resistente á auga nin tarefas para corrixir o problema que está a ocasionar o deterioro da calzada como é o fluxo de auga que discorre por riba; o que se está a facer é malgastar recursos económicos porque a problemática existente se volverá a repetir”.

Os concelleiros do PP explican, ademais, que “non hai tubaxes para desaugar a auga das cunetas que corre ata acumularse nas zonas máis baixas asolagando fincas particulares”. É por iso polo que insisten nunha solución eficaz que evite que a situación se volva repetir.

A situación agrávase na zona pola existencia dunha masa común que se atopa sen limpar, acumulando maleza.

ÚLTIMAS

Ramiro Fernández: “Burela é un punto privilexiado para a observación ornitolóxica”

+ -Por que Burela decidiu apostar por novas vías turísticas na vila como, por exemplo,...

Trabada inicia as obras do circuíto pump track no seu complexo deportivo

O Concello de Trabada vén de iniciar esta semana as obras de construción dun...

O Concello de Foz anuncia aglomerado no vial das Torres esta semana

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que o novo vial das Torres vaise...

‘Os Bolechas no Ribadeo Indiano’ abre a participación dos máis pequenos nesta celebración

Os Bolechas no Ribadeo Indiano é o título do libro presentado esta tarde no...