InicioCentralLourenzáDeteñen o xerente dun bar de Lourenzá por simular un roubo na...

Deteñen o xerente dun bar de Lourenzá por simular un roubo na caixa rexistradora

O home explicou que "autores descoñecidos" accederon local e levaron todo o diñeiro da máquina recreativa e da caixa rexistradora, así como a cesta de Nadal que o propio local sorteaba entre os seus clientes

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil de Lugo detivo ao xerente dun bar de Lourenzá por simular un roubo do diñeiro da caixa rexistradora e da máquina recreativa.

Segundo informou o Instituto Armado, foi o propio home, veciño de Barreiros, o que a pasada semana presentou unha denuncia na que detallaba que fose vítima dun roubo.

O home explicou que “autores descoñecidos” accederon local e levaron todo o diñeiro da máquina recreativa e da caixa rexistradora, así como a cesta de Nadal que o propio local sorteaba entre os seus clientes.

Por mor diso, os axentes iniciaron unha investigación e descartaron que os feitos se producisen nos termos denunciados polo xerente do establecemento.

A Garda Civil puido comprobar que a máquina recreativa funcionou en horas nas que o local estaba pechado ao público, tanto en tramos horarios como durante a xornada de descanso, coincidindo coa data en que hipoteticamente se produciu en roubo.

Ademais, chamou a atención dos axentes que o propio hostaleiro “impedise voluntariamente” que a máquina fose recadada no prazo debido, xa que esa información só podía ser coñecida por el porque o establecemento “carece de empregados”.

Na véspera do suposto roubo, a máquina recreativa estivo apagada durante o horario de apertura do local, o que impediu que clientes ou terceiros puidesen usala.

A persoa detida e as dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de garda de Mondoñedo. O home esta acusado dun delito de roubo e outro de simulacro de delito.

ÚLTIMAS

Senadores do PP por Lugo reclaman a convocatoria da mesa de Alcoa

Os senadores lucenses José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, e os...

Os sindicatos do SERGAS denuncian que a consellaría empeorou “unilateralmente” o acordo de redución de xornada

Os sindicatos que conforman a mesa sectorial do SERGAS convocaron esta mañá concentracións nas...

Mariña Patrimonio organiza unha conferencia sobre minaría antiga

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro luns 16 de decembro unha conferencia na que...

PP da Mariña critica que o ministro Planas “saque peito” das negociacións en Bruxelas

O Partido Popular de A Mariña afea ao ministro de Pesca, Luis Planas, que,...