InicioCentralLourenzáA Festa da Faba de Lourenzá exalta o seu produto estrela co...

A Festa da Faba de Lourenzá exalta o seu produto estrela co apoio da Deputación

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto, participou este sábado xunto á Alcaldesa da localidade, Rocío López, na trixésimo segunda edición desta cita gastronómica que culminará este domingo cun festival folclórico

Publicada o

- Advertisement -

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto, asistiu este sábado xunto a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, ao pregón da trixésimo segunda edición da Festa da Faba, que correu a cargo da mestra xubilada laurentina, Amanda Gasalla. Esta cita gastronómica exaltará, durante toda a fin de semana, este produto estrela a través dun amplo e variado programa de actividades dirixido a todas as idades que culminará este domingo cun festival folclórico.

Cajoto Caserío destacou a importancia desta celebración, subliñando a colaboración da institución provincial, que achega 14.000 euros a través do Plan Deputación. “A faba de Lourenzá é un símbolo da gastronomía galega, presente nos pratos máis exquisitos do país, e representa o esforzo dos nosos fabeiros e fabeiras”. Ademais, subliñou que “este produto é cada vez máis recoñecido tanto dentro como fóra das nosas fronteiras, e a mellor proba do seu poder de convocatoria témola hoxe aquí, coa vila chea de visitantes e o que isto supón durante toda a fin de semana para a hostalería que servirá tapas a base deste emblemático produto”.

A programación xa arrancou onte no claustro do mosteiro cunha cata comentada de viño e a animación das orquestras Montreal e Dj Cosme. A xornada deste sábado deu comezo coa apertura das casetas dos fabeiros, na Praza do Conde Santo, e mañá domingo está previsto a súa apertura despois do mercado da faba ao por maior que arrancará as oito e media da mañá. A programación da cita conta con numerosas actividades, degustacións e actuacións musicais e culminará cun festival folclórico. Ademais, durante toda a fin de semana, funcionará un tren turístico para que os visitantes poidan percorrer a Ruta das Fabas e coñecer de primeira man o cultivo deste emblemático produto.

ÚLTIMAS

O Parlamento aproba accións legais se se incumpre o acordo de Alcoa e unha intervención pública, de ser necesaria

A Cámara galega aprobou unha iniciativa cunha batería de cuestións relacionadas coa planta de Alcoa en...

O alcalde de Ribadeo agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de Vilela

O alcalde, Dani Vega, agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de...

Viveiro comeza a reparación dos contedores soterrados no concello

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro e a Concellería de Medioambiente dan comezo á...

O PP de Trabada e o da Deputación destacan ter o compromiso para arranxar a estrada LU-P-6101

O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, explica que “grazas ao traballo”...