InicioCentralLourenzáManuel Arango: "O Certame de Teatro naceu do gusto que había en...

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

Manuel Arango é concelleiro de Cultura de Lourenzá e quen está detrás do IV Certame de Teatro Afeccionado deste concello que se celebrará durante as fins de semana entre outubro e novembro. A orixe do Certame está, segundo Arango, na afección que existía en Lourenzá polo teatro mesmo con grupos nas parroquias.

Publicada o

- Advertisement -

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá?

Porque aquí en Lourenzá sempre houbo moita afición polo teatro, mesmo houbo grupos propios de aquí. A partir de aí foi como ideamos a proposta do Certame de Teatro Amador de Lourenzá durante un mes para achegar diferentes obras ao público.

-Será pois un mes enteiro para o teatro.

Si, normalmente viñámolo facendo os sábados e domingos do mes de novembro e despois tiñamos a gala de entrega de premios. Esta vez tiñamos a idea de desprazar case todo aos domingos porque é o día en que vén máis xente ao teatro, entón pensamos en apliar a algún domingo de outubro e facelo nos dous meses.

-Esta convocatoria ofrece distincións ou premios ás compañías?

Está o premio á mellor representación, que é o premio principal, cunha dotación de 750€. Despois o resto de premios son trofeos.

-A temática das obras é libre?

Si, a temática é totalmente libre, preferentemente en galego, mesmo teñen chegado grupos do Occidente de Asturias facendo a representación na súa variedade do galego.

-En Lourenzá teñen compañías de afeccionados?

Agora mesmo non hai. Si houbo hai tempo mais ninguén colleu o relevo dos rapaces que o levaban. Normalmente eran xente nova mais tamén había grupos de teatro con xente maior que levaba o Taller de Memoria e antigamente había grupos polas diferentes parroquias.

-De onde viña esa tradición polo teatro?

Creo que viña dos teleclubs, algo tamén moi ligado á música pois tamén había moitos grupos de música.

-Unha vez que chegan as compañías a Lourenzá, estas quedan aí pasar a noite, teñen aloxamento?

Non, non teñen aloxamento senón que veñen e van no día. Mesmo viñeron sempre grupos de Ourense e de Vigo. En tal caso, nós seleccionamos as obras que van vir e para iso xa lles damos 350 euros para gastos de desprazamento e material.

-Explíqueme o nome que leva cada un dos trofeos?

O Trofeo Conde Santo fai mención ao patrón da parroquia de Santa María. Os outros nomes veñen marcados pola toponimia, Lourenzo e Ana, mais tampouco está clara a orixe do topónimo.

-Hai algún gusto especial por algún tipo de representación?

O público gusta das obras cómicas costumistas. O xurado buscamos a calidade da obra, a calidade das actuacións e a posta en escena.

ÚLTIMAS

Fóra de perigo o mariñeiro que sufriu hipotermia tras caer no porto de Celeiro

Un mariñeiro que caeu ao mar á altura da lonxa de Celeiro, no municipio lucense...

Ramiro Fernández: “Burela é un punto privilexiado para a observación ornitolóxica”

+ -Por que Burela decidiu apostar por novas vías turísticas na vila como, por exemplo,...

Trabada inicia as obras do circuíto pump track no seu complexo deportivo

O Concello de Trabada vén de iniciar esta semana as obras de construción dun...

O Concello de Foz anuncia aglomerado no vial das Torres esta semana

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que o novo vial das Torres vaise...