InicioCentralLourenzáO Bispado de Mondoñedo cualifica de "artificial" o debate sobre a propiedade...

O Bispado de Mondoñedo cualifica de “artificial” o debate sobre a propiedade do mosteiro de San Salvador

Publicada o

- Advertisement -

O Bispado de Ferrol-Mondoñedo lamentou a “polémica artificial e interesada” sobre a titularidade do mosteiro de San Salvador da Lourenzá despois de que o PP neste municipio solicitase un pleno para aclarar a titularidade deste ben.

Nun comunicado remitido aos medios este mércores, a entidade eclesiástica sinalou que existen “dúas titularidades” sobre o mosteiro, “a do concello e a que foi adquirida por este bispado en 1943 por compravenda á Orde Benedictina”.

Inciden en que “en ningún momento deuse problema algún de delimitación da parte que a cada institución corresponde nin respecto dos usos que pola diocese fóiselle dando en cada momento”.

“Esa titularidade do bispado, como é notorio, nunca foi impedimento para o uso público do mosteiro, no marco da vontade desta institución de colaborar coas administracións públicas en beneficio da sociedade”, engadiu.

ÚLTIMAS

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...

Alcoa: reunión de seguimento do acordo de viabilidade para este venres na Coruña

A Secretaría de Estado de Industria convocou unha reunión de seguimento do acordo de...