InicioCentralLourenzáHomenaxe aos xoguetes de Fernández del Riego en Lourenzá: "Don Pacom o...

Homenaxe aos xoguetes de Fernández del Riego en Lourenzá: “Don Pacom o pícaro argalleiro”

Trátase da primeira ocasión na que, dentro da programación de actividades dun Día das Letras se inclúe unha exposición que reúne os xogos e xoguetes que formaron parte da vida do autor.

Publicada o

- Advertisement -

A exposición “Don Paco, o pícaro argalleiro” abre este sábado, día 22 de abril, nas instalacións do Mosteiro de San Salvador de Vilanova de Lourenzá. Trátase da primeira ocasión na que, dentro da programación de actividades dun Día das Letras se inclúe unha exposición que reúne os xogos e xoguetes que formaron parte da vida do autor homenaxeado.

A exposición recolle, previo estudo da obra de Francisco Fernández del Riego, os xogos e xoguetes citados por el como parte da súa crianza. Foron Xosé López e Xosé Manuel García, responsables do museo “O recuncho das argalladas”, radicado no Pazo de Tovar, na mesma Lourenzá, as persoas que decidiron acometer este ambicioso, e sobre todo orixinal, proxecto.

As persoas promotoras son recoñecidas en Galicia e fóra das súas fronteiras como dous dos principais estudosos, na actualidade, sobre o xoguete tradicional. A información que reflicten os paneis que conforman a exposición foi recompilada, como dicimos, previa consulta da obra do autor, pero todo parte dos “prólogos” que don Paco escribiu para dous dos libros con autoría de Xosé López e Xosé Manuel García: Os Xoguetes esquecidos, vol. I e II.

O Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego non pode facer outra cousa que saudar a iniciativa e agardar que perdure no tempo, en futuros Días das Letras, porque hai unha realidade evidente: calquera autor, calquera autora homenaxeada, terá xogado de neno e mesmo de adulto. Tendo en conta que o xogo axuda a conformar a personalidade, a sermos persoas, estudar e sacar á luz os xogos e xoguetes que formaron parte do autor axudará a entender mellor a súa vida e a súa obra.

ÚLTIMAS

As queixas pola comida na residencia da Pontenova motivo de reunión do BNG cos usuarios

Ante as queixas xurdidas novamente na vivenda comunitaria de A Pontenova polo servizo de...

ACIAFoz sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais focegos

AciaFozCCA sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais hostaleiros. Esta...

A Garda Civil investiga a tres persoas por deliti de ameazas e inxurias

A Garda Civil investiga na localidade lucense da Pontenova os tres presuntos autores de...

Burela dá por rematadas as obras de mellora no abastecemento da rúa Lamestra

O Concello de Burela informa do remate das obras de ampliación e mellora da...