InicioCentralFozFoz acolle a mostra da asociación CEGASAL para o fomento de emprego...

Foz acolle a mostra da asociación CEGASAL para o fomento de emprego entre persoas en risco de exclusión e con discapacidade

A exposición permanecerá aberta en Foz ata o 15 de setembro, logo de pasar polos concellos de Monforte de Lemos, Vilalba, Viveiro e A Fonsagrada.

Publicada o

- Advertisement -

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, o Alcalde de Foz, Francisco Cajoto, e o presidente da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (Cegasal), José Antonio Vázquez Freire, inauguraron este xoves no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA) a mostra itinerante Cegasal, unha asociación centrada na inserción laboral das persoas con discapacidade. Esta exposición, impulsada pola institución provincial en colaboración con Cegasal, conta con 24 imaxes realizadas polo fotógrafo coruñés Diego Silva.

Roberto García Pernas destacou no acto a importancia de apoiar iniciativas dende a institución provincial que permitan “dar visibilidade e poñer en valor o traballo que levan a cabo as persoas con discapacidade nas empresas, pero tamén o papel das propias empresas, un aspecto moi importante para lograr a súa inclusión plena, en igualdade de condicións, a nivel social e laboral”.

“Esta colaboración forma parte da nosa aposta polas políticas sociais, que son xa unha sinal de identidade da Deputación de Lugo. O noso compromiso neste sentido, moitas veces suplindo as responsabilidades doutras administracións, visualízase ben nas cifras dos Orzamentos, dos que dedicamos máis dun terzo, 34M€, a este tipo de accións”, valorou o Deputado.

A exposición permanecerá aberta en Foz ata o 15 de setembro, logo de pasar polos concellos de Monforte de Lemos, Vilalba, Viveiro e A Fonsagrada. O CENIMA é a penúltima parada da mostra, que rematará a súa itinerancia pola provincia a finais de setembro no Pazo de San Marcos, cando tamén se organizará unha xornada de formación sobre os Centros Especiais de Emprego que será aberta á cidadanía.

García Pernas animou á veciñanza a visitar esta exposición, que demostra que “estes traballadores e traballadoras son un exemplo claro de que é posible promover unha cultura empresarial que entenda a diversidade como un activo xerador de valor social e económico”. Agradeceulle ao Concello a súa colaboración e dispoñibilidade para acollela e felicitou a Cegasal polo traballo “fundamental que desenvolve par aa inserción laboral das persoas con capacidades diferentes”.

CEGASAL

Cegasal é unha organización que se constituíu en Galicia en 1997 co obxectivo de fomentar o emprego de calidade para as persoas con discapacidade e risco de exclusión social. Actualmente, Cegasal conta con 35 centros especiais de emprego asociados, empresas de titularidade privada nas que polo menos o 70% do cadro de persoal está conformado por traballadores e traballadoras con discapacidade. No seu conxunto facturan uns 44M€ anuais.

Na provincia de Lugo Cegasal conta con dous centros especiais de emprego, Grafinco e Produtores de Carne da Ribeira Sacra, que dan emprego a preto dunha vintena de persoas con capacidades diferentes.

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...