InicioCentralFozPresentan o XIII Trofeo Vila de Foz que se celebrará o Día...

Presentan o XIII Trofeo Vila de Foz que se celebrará o Día do Carme

O vindeiro sábado, 16 de xullo, Día do Carme, haberá unha festa no estadio Martínez Otero, co encontro entre a S.D. Ponferradina e o C.D. Lugo. A partir das 19:00h estes dous excelentes equipos xogaranse o XXXIII Trofeo Vila de Foz.

Publicada o

- Advertisement -

O Presidente do C.D. Foz, José María García Rivera, e a concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez Leivas, presentaron o XXXIII Trofeo Vila de Foz, que disputarán a S.D. Ponferradina e o C.D. Lugo.

O vindeiro sábado, 16 de xullo, Día do Carme, haberá unha festa no estadio Martínez Otero, co encontro entre a S.D. Ponferradina e o C.D. Lugo. A partir das 19:00h estes dous excelentes equipos xogaranse o XXXIII Trofeo Vila de Foz.

O presidente do C.D. Foz agradeceu a disposición dos clubs para participar deste día grande en Foz e continuar a historia deste trofeo que xa vai pola trixésima terceira edición. Así tamén, explicou que as persoas que desexen adquirir as entradas anticipadamente poderán facelo no Martínez Otero, o venres 15, de 18h a 20h, o sábado 16, de 11h a 13h e desde as 17h ata o inicio do encontro.

Pola súa banda, a concelleira de Xuventude e Deportes, ademais de dar as grazas ao C.D. Foz pola organización e aos clubs por participar neste evento, “nun día tan especial para todas as focegos e focegas, animou a achegarse a gozar do gran fútbol que seguro que nos amosarán estes dous equipos aos que lles desexamos unha tempada chea de éxitos”.

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...