InicioCentralFozFoz remata a reconstrución e reforzo do dique na desembocadura do río...

Foz remata a reconstrución e reforzo do dique na desembocadura do río Ouro

En palabras do alcalde, Fran Cajoto, "estas obras permiten garantir a continuidade do Camiño Natural da Ruta do Cantábrico, que se encontraba cortado neste punto, por mor dun derrube acontecido hai xa máis de 5 anos".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz rematou as obras de rehabilitación da escollera da marxe esquerda da desembocadura do río Ouro, en Fazouro. Financiadas con fondos propios municipais con cargo aos orzamentos do ano 2021, os traballos ascenderon a un importe de 32.181,18 euros.

En palabras do alcalde, Fran Cajoto, “estas obras permiten garantir a continuidade do Camiño Natural da Ruta do Cantábrico, que se encontraba cortado neste punto, por mor dun derrube acontecido hai xa máis de 5 anos. Para nós era unha prioridade darlle continuidade e evitar riscos a todos os que continuaban a camiñar pola zona, veciños e visitantes. Fíxose unha reconstrución da parte derruída e dun reforzo do conxunto, cun firme rematado en zahorra. Agora é seguro camiñar nas dúas marxes da ría de Fazouro“.

Estas obras súmanse a outros traballos feitos polo Concello, como a recente consolidación dun noiro na zona central de Llas, ou pola Demarcación de Costas: no ano 2020, a reposición da escaleira de baixada do lado de Fazouro e a rehabilitación de rampla lado de Nois; e no ano 2021, a escollera en Llas, na zona do Cu do Castro.

Fran Cajoto engade que “o Concello de Foz segue a promover a reparación, adecentamento e construción de sendas litorais. Froito das xestións realizadas, a Demarcación de Costas do Ministerio de Transición Ecolóxica aprobou a finais do ano 2021 e comezos deste ano 2022 os proxectos do paseo marítimo entre as praias de Peizás e A Pampillosa e a estabilización medioambiental do sistema dunar da praia de Llas”.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...