InicioCentralFozRehabilitada unha ponte no paseo do río Ouro en Foz por alumnado...

Rehabilitada unha ponte no paseo do río Ouro en Foz por alumnado da Escola Obradoiro

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, destaca “o bo facer dos alumnos e alumnas do taller e dos seus mestres, que eliminaron un cruce ben perigoso no límite entre as parroquias de Fazouro e Santa Cilla, xa que o anterior paso estaba en moi mal estado de conservación".

Publicada o

- Advertisement -

O alumnado da Escola Obradoiro Terras do Ouro 2021 procedeu á rehabilitación dunha ponte no paseo do río Ouro, que salva o aliviadoiro da canle pola que Foz se abastece de auga.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, destaca “o bo facer dos alumnos e alumnas do taller e dos seus mestres, que eliminaron un cruce ben perigoso no límite entre as parroquias de Fazouro e Santa Cilla, xa que o anterior paso estaba en moi mal estado de conservación. Están traballando moi ben, con gañas, á vista está. Grazas a este obradoiro de desbroce e traballos forestais están aprendendo un oficio que demanda postos de traballo. Ademais, polos traballos adicionais que se inclúen para a mellora de camiños puideron arranxar esta ponte. Estámoslles todos ben agradecidos por ofrecernos unha vía segura nun entorno extraordinario como é o deste paseo”.

Fran Cajoto engade que “o Concello de Foz segue co compromiso de formar persoas e ofrecerlles unha saída laboral, para o que solicitou á Xunta de Galicia un novo obradoiro de forma conxunta con Alfoz e O Valadouro para o vindeiro curso, neste caso de xardinería”.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...