InicioCentralFozO Colexio "O Pilar" entrega ao Concello de Foz produtos para o...

O Colexio “O Pilar” entrega ao Concello de Foz produtos para o banco de alimentos coa iniciativa de Chaveiros Solidarios

A concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, explica que “é unha iniciativa solidaria, levada a cabo polo alumnado de 3º de Primaria do colexio do Pilar de Foz co lema Un chaveiro por alimentos, chaveiros que as nenas e nenos elaboraron coas súas propias mans, supervisados polos mestres do centro".

Publicada o

- Advertisement -

A Delegación de Servizos Sociais do Concello de Foz vén de recibir uns lotes de alimentos, produtos de limpeza e hixiene recollidos polo colexio O Pilar coa iniciativa denominada Chaveiros Solidarios.

A concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, explica que “é unha iniciativa solidaria, levada a cabo polo alumnado de 3º de Primaria do colexio do Pilar de Foz co lema Un chaveiro por alimentos, chaveiros que as nenas e nenos elaboraron coas súas propias mans, supervisados polos mestres do centro. Os mesmos alumnos e alumnas, acompañados dos seus mestres, hai unhas semanas visitaron o roupeiro e o Banco Local de Alimentos, interesándose polo labor que se leva a cabo dende a Delegación de Servizos Sociais, coa inestimable axuda do noso voluntariado de Foz. No Banco Local de Alimentos aténdese a máis de 70 familias en situación de vulnerabilidade”.

Ana Rojo engade que “a pretensión con este fermoso xesto solidario dos rapaces é poder colaborar co Concello, contribuír na procura de alimentos e ser partícipes na recollida de produtos para o banco local. Toda esta achega será entregada en próximos días ás familias usuarias”.

A edil de Servizos Sociais agradece “de maneira especial a estes alumnos e alumnas de 3º de Primaria do Pilar, mestres, pais e nais e todas aquelas persoas que participaron nesta campaña solidaria Chaveiros por alimentos, resaltando a educación en valores e potenciando dende os colexios a solidariedade e os afectos no noso pobo coas persoas máis vulnerables. Grazas pola vosa encomia ble axuda!”.

ÚLTIMAS

Acepta prisión por cinco anos logo de ser detido por levar cinco quilos de cocaína no seu coche en Ribadeo

Cinco anos de prisión e unha multa de 1.231.004,71 euros, é a condena que...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema...

Xulgan dúas persoas por un traballador morto tras ser alcanzado por unha barra de ferro en Xove

A causa pola morte dun traballador de 45 anos nun accidente laboral ocorrido en...

Presentado en Burela o Iberdrola Surfing Day

  A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación...