InicioCentralFozNovas xornadas de doces afrodisíacos organizadas por ACIA Foz elaborados para o...

Novas xornadas de doces afrodisíacos organizadas por ACIA Foz elaborados para o día de San Valentín

O presidente de AciaAFozCCA, José Carlos Paleo, anima a participar “nestas xornadas gastronómicas tan doces”, a facer as compras para agasallar no Día dos Namorados nos establecementos comerciais focenses, que “ofrecen numerosas propostas para todos os gustos e a celebrar o Día de San Valentín na nosa hostalería”.

Publicada o

- Advertisement -

Para celebrar San Valentín AciaFozCCA organiza unha nova edición das xornadas dedicadas aos doces afrodisíacos do venres 11 ao luns 14 deste mes. Serán elaborados por tres pastelerías (Amarena, Anduriña e Xoyma), terán un prezo de 2 euros e entre os clientes que os compren sortearanse 10 vales de compra de 50 euros cada un. O sorteo será en RadioFoz o día 16 de febreiro, mércores.

As xornadas dos doces afrodisíacos foron presentadas polos representantes das tres pastelerías presentes nesta cita desde o seu inicio: Fernando López, de Xoyma; Ángeles Casas, de Amarena; e Moncho Castro, de Anduriña.

O presidente de AciaAFozCCA, José Carlos Paleo, anima a participar “nestas xornadas gastronómicas tan doces”, a facer as compras para agasallar no Día dos Namorados nos establecementos comerciais focenses, que “ofrecen numerosas propostas para todos os gustos e a celebrar o Día de San Valentín na nosa hostalería”.

ÚLTIMAS

Expomar converte Burela en referente do mundo da pesca

A Fundación Expomar organizou esta semana en Burela as súas 33ª Xornadas Técnicas e...

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...