InicioSucesosXulgan un home por incendiar un piso en Foz para vingarse do...

Xulgan un home por incendiar un piso en Foz para vingarse do caseiro

Fíxoo a propósito de que había máis persoas no edificio. Enfróntase a doce anos de cárcere.

Publicada o

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará os días 1 e 2 o xuízo contra un acusado de incendiar o piso no que residía para vingarse do seu caseiro, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Fíxoo, segundo o Ministerio Fiscal, a propósito de que había máis persoas no edificio. Por estes feitos, enfróntase a doce anos de cárcere.

No seu escrito de cualificación, sinala que o home residía nunha vivenda en Foz, que alugara ao propietario do edificio que tamén vivía nel coa súa familia. En marzo do ano 2017, o propietario enviou ao procesado unha carta certificada reclamándolle o pago dunha serie de rendas debidas e apercibíndoo cun desafiuzamento en caso de falta de pagamento.

En abril, engade, “o acusado, movido polo ánimo de vinganza cara ao seu caseiro e consciente de que había máis persoas no edificio, e ademais todos eles en plantas superiores ás da súa vivenda, prendeu lume á roupa de cama da súa habitación, que se propagou rapidamente ao resto da habitación e da vivenda”.

Despois ausentouse do edificio, situándose na terraza do bar situado enfronte do inmoble, “e tomando tranquilamente unha cervexa mentres os veciños ían baixando das súas casas ao cheirar o fume e chamaban ao 112″. O acusado, engade, está diagnosticado dun trastorno adaptativo en relación co consumo abusivo de alcol, no entanto conserva íntegra a súa capacidade para distinguir os actos correctos dos incorrectos.

ÚLTIMAS

Ribadeo licita por lavandaría e cociña do Hospital Asilo por 320.000 euros

Ribadeo licita por 320.000 euros a lavandería e a cociña do Hospital Asilo. As...

A Mancomunidade da Mariña comparte un decálogo para fomentar un turismo sostible na comarca

Son moitos os plans e programas que vén desenvolvendo nos últimos anos a Mancomunidade...

Trabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

O Concello de Trabada vén de incorporar unha nova desbrozadora trituradora semilateral para tractor,...

Sargadelos amplía a súa capacidade produtiva mercando Burelarte

O Grupo Sargadelos comprou a totalidade dos bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio...