InicioCentralFozPistas de petanca en Foz para a rúa Uxío Novoneyra

Pistas de petanca en Foz para a rúa Uxío Novoneyra

O rexedor municipal, Fran Cajoto, engade que “o proxecto adxudicado inclúe tamén a renovación completa do parque do Paseo de Colón, moi utilizado especialmente en tempo de verán. É un dos máis empregados da vila, nunha zona de restauración moi concorrida".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz construirá dúas pistas de petanca, que son as primeiras da Mariña e terán 15 metros de lonxitude e 4 de anchura. Estás incluídas dentro do contrato adxudicado por 57.233 euros a Oziona Soluciones de Entretenimiento SL, financiado con cargo ao Plan Único 2021, da Deputación de Lugo.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “o proxecto inclúe a renovación total do parque da rúa Uxío Novoneyra”. Haberá dúas pistas de petanca, circundadas por zonas de paseo de formigón impreso de entre 3 e 6 metros de anchura, ademais dunha zona de ocio infantil con pavimento de caucho continuo con varios xogos. “O novo parque de Uxío Novoneyra contará tamén con 8 bancos distribuídos na superficie do recinto”.

O rexedor municipal engade que “o proxecto adxudicado inclúe tamén a renovación completa do parque do Paseo de Colón, moi utilizado especialmente en tempo de verán. É un dos máis empregados da vila, nunha zona de restauración moi concorrida”.

A renovación será completa substituíndo o pavimento por un novo chan de caucho continuo e dispoñendo novos xogos. “Pensamos nos nosos maiores e pensamos tamén nos cativos. Pouco a pouco iremos renovando a rede de parques municipais, tanto no núcleo urbano como nas parroquias”.

Nos presupostos municipais deste ano 2021 reservouse ademais unha partida de investimento para bancos de 8.000 euros.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...