InicioCentralFozFoz xa conta cunha carroceta para a extinción de incendios cedida polo...

Foz xa conta cunha carroceta para a extinción de incendios cedida polo Concello de Lugo

O rexedor de Foz agradece a disposición do goberno lucense na trasferencia dunha dotación que será moi benvida e tamén de gran utilidade en Foz”.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo asinaba hoxe un convenio interadministrativo de colaboración co Concello de Foz polo que a administración local cede temporalmente á mariñá unha Auto – Bomba Rural Lixeira. Un acordo polo cal, o vehículo – unha carroceta forestal – actualmente inoperativa, pasará a prestar servizo en labores de extinción e prevención de incendios no termo municipal de Foz.

Lara Méndez aproveitou a visita do rexedor Francisco Cajoto para trasladarlle a súa vontade de cooperación en todo aquelo que desde o concello veciño poidan necesitar “como mostra de responsabilidade coa que exercemos o noso labor político e no que priorizamos o aproveitamento dos recursos públicos en prol da eficacia económica dos organismos aos que representamos e do interese da cidadanía”.

Pola súa banda, Francisco Cajoto agradeceu a disposición do goberno local e a axilidade coa que se tramitou a transferencia, “unha dotación que será moi benvida e tamén de gran utilidade en Foz”, sinalou.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...