InicioCentralFozO Bar dos Xubilados de Foz contará cun novo espazo para as...

O Bar dos Xubilados de Foz contará cun novo espazo para as persoas discapacitadas

Tamén se mellorará a planta administrativa de asuntos sociais. Este é un lugar público na que todos os maiores da comarca poden desfrutar do seu tempo de lecer.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz ultima os trámites para o inicio das obras de reforma do Bar dos Xubilados, a construción dun novo espazo para as persoas discapacitadas e o acondicionamento e mellora da planta administrativa de asuntos sociais. Estas actuacións estarán listas neste ano 2021.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que o que buscan co acodicinamento do Bar dos Xubilados é unha ubicación alternativa á Asociación de Discapacitados Virxe do Carme. Agora só resta a aprobación do porxecto construtivo e a licitación da obra para comezar as actuacións. O obxectivo é aplicar o edificio actual para que a a asociación poida “continuar a gran labor de inclusión que está a facer de persoas con minusvalía do noso concello, que doutra forma non terían esa oportunidade. Un espazo axeitado, con novo mobiliario e que se axeita ás necesidades dun colectivo que debemos coidar ao máximo”, explica o alcalde.

A concelleira de Asuntos Sociais, Ana Rojo, anuncia que na próxima licitación tamén se incluirá a reforma das dependencias administrativas de Asuntos Sociais. “Desta forma gañaremos espazo para os técnicos, para o arquivo de documentación e para garantir a confidencialidade e a comodidade dos usuarios do servizo”. Ao respecto o alcalde indica que “na próxima licitación irá incluída a reforma do Bar dos Xubilados. Esta reforma adaptará os aseos a persoas con mobilidade reducida, creará un acceso independente do edificio de Asuntos Sociais e xerará unha terraza sobre o peirao, nunha das mellores zonas de Foz. Será un bar público, concesionado polo Concello de Foz, para que todos os nosos maiores o podan desfrutar”, finaliza Cajoto.

 

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...