InicioPolíticaA Deputación arranxará dúas estradas de Marzán e San Martiño de Foz

A Deputación arranxará dúas estradas de Marzán e San Martiño de Foz

A LU-P-2010, de Bao a Ver, quedará arranxada por completo e rehabilitaranse 300 metros da vía que vai do porto a Bispo Santo

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación Provincial de Lugo investirá 75.000 euros no arranxo de dúas estradas provinciais no concello de Foz. Tratánse das vías LU-P-2010, que vai de Bao a Ver, e da LU-P-2009, que une o peirao de Foz e Bispo Santo, por Marzán.

As obras de mellora do firme comezarán esta semana e afectarán a tres quilómetros. A LU-P-2010 quedará arranxada por completo, pois as actuacións comprenden os seus 2,6 quilómetros de lonxitude, mentes que na LU-P-2009 rehabilitarase un treito de 300 metros, do punto quilométrico 1,6 ao 1,9”.

o investimento nas actuacións ascenderá a 75.000 euros

Os traballos consistirán na limpeza de cunetas, na renovación da capa de rodaxe con aglomerado en quente e na mellora da sinalización horizontal e vertical.

“USADAS A DIARIO”

A deputada pola comarca da Mariña, Mayra García Bermúdez, sinala que estas dúas vías “son fundamentais para os veciños da parroquia de San Martiño e do barrio de Marzán, que empregan a diario estas estradas”.

ÚLTIMAS

María José Ginzo, matemática: “Unha conclusión é que o mapa dos apelidos galegos coincide cos das dióceses”

-Que motivación viches en realizar un traballo arredor dos apelidos, a súa cuantificación e...

As néboas perennes do Alto do Fiouco manteñen o debate sobre a seguridade viaria na A-8: “Cando xa estás no túnel de néboa, non...

Nos verdes pasteiros que disecciona a Autovía do Cantábrico ao seu paso polos municipios lucenses...

Foz fai un balance positivo do verán con mil visitantes máis que en 2023

As oficinas de turismo de Foz e o Centro de Interpretación da Basílica de...

A Deputación de Lugo asina un convenio para impulsar a formación de redeiras

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou un novo convenio de...