InicioCulturaA axenda: a diversidade sexual locirá en Viveiro e Ribadeo, O Valadouro...

A axenda: a diversidade sexual locirá en Viveiro e Ribadeo, O Valadouro e Portocelo están en festas

Rúa reivindica o sábado o oficio tradicional da malla e Carmen Prado expón pinturas en Burela

Publicada o

- Advertisement -

Como cada venres, o Xornal da Mariña repasa a axenda cultural e de ocio da fin de semana.

BURELA

Carmen Prado inaugura este venres (19.00 horas, casa da cultura) unha exposición de pintura, ‘Novos personaxes‘.

Tamén este venres, en sesión de 17.00 a 20.00 horas na Praza da Mariña, hai xogo de Twister en Burela, organizado pola Acia-CCA. Os participantes poden gañar vales de compra e material escolar.

CERVO

A parroquia de Rúa, en Cervo, reivindica o sábado o oficio tradicional da Malla, con paseos a cabalo, ruta de sendeirismo e sesión vermú e verbena. A recreación da antiga tarefa agrícola está prevista para as 18.30 horas.

RIBADEO

Ribadeo xa vive tamén as súas festas patronais, na honra de Santa María do Campo. Este venres, actúan Trébol e Nueva Fuerza. O sábado será a véspera da Patroa, cos Cocos e Cabezudos pola mañá (11.30 horas), Passarela e Favorita na verbena e os fogos artificiais da medianoite; o será o día grande, con Palladium e Televisión na verbena.

O BARQUEIRO

O Barqueiro, no veciño concello de Mañón, está en festas, coa Noite Meiga -que cumpre tres décadas- como principal reclamo.

Cartel da Noite Meiga do Barqueiro. AXM

 

O VALADOURO

As festas do Oito animan O Valadouro. O sábado sería o Día do Neno cun parque infantil desde as 16.30 horas, e pola noite actuará o grupo Los Alcántara, antes da verbena con Café Ole e Decibelios. O domingo haberá sesión vermú, espectáculo de maxia con Pedro Bugarín (20.00 horas, casa da cultura) e verbena con Fénix e Nazaret. O luns 9 celebrarase a misa dedicada a Santa María, con posterior baile a cargo de Tania Veiras.

Cartel das Festas do Oito. AXM

VIVEIRO

A Cidade do Landro celebra esta fin de semana a primeira edición do festival da diversidade sexual Viveiro Con Orgullo, que inclúe actividades para nenos, concertos e unha festa das cores.

Programa de Viveiro con Orgullo. AXM

O domingo celébrase unha nova edición da Marcha ás Minas da Silvarosa, a partir das 9.30 horas, desde a Praza do Concello (9.30 horas) ata os vellos túneles.

XOVE

Ademais de Ribadeo e O Valadouro, Portocelo tamén está de festas patronais.

Festas de Portocelo. AXM

Podes consultar o programa na imaxe sobre estas liñas.

ÚLTIMAS

Denuncian ao condutor dun camión por superar as taxas de alcol permitidas

A Garda Civil denunciou ao condutor dun camión de mercacías perigosas ao superar as...

A Mariña en alerta laranxa por temporal marítimo este mércores

Galicia continuará este mércores baixo a influencia dun temporal marítimo que manterá activada a...

Nove anos de cadea por agredir e reter ilegamente á súa exparella en Xove

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e sete meses de prisión...

Formación en Cervo sobre turismo slow para a Mariña

A antiga carboeira do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, en Cervo, acolleu hoxe...