InicioCentralFozDúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Esta actividade está encadrada dentro do programa Erasmus+ do que disfruta o alumnado de FP do IES de Foz, financiada pola Unión Europea que permite a alumnado de formación profesional participar en competicións de habilidades de FP por toda Europa.

Publicada o

- Advertisement -

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña participan a vindeira semana no 25 Campionato Mundial de Pizza picante que se celebra en Calabria, Italia.

Durante tres días terán que competir con outras dezaseis escolas de todo o mundo elaborando pizza picante. Participan con catro receitas para catro pizzas diferentes: Polbo á galega (con polbo galego, queixo San Simón e allada picante), Bosque galego (a base de crema de castañas e mel picante), Terra meiga (con zorza picante) e Rapadoira (con setas, queixo azul e pera).

Durante esta competición están acompañadas da súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. É a terceira vez que asistimos a este campionato, chegando a acadar un segundo posto fai uns anos.

Esta actividade está encadrada dentro do programa Erasmus+ do que disfruta o alumnado de FP do IES de Foz, financiada pola Unión Europea que permite a alumnado de formación profesional participar en competicións de habilidades de FP por toda Europa.

ÚLTIMAS

O Foro Económico de Viveiro trasládase a xaneiro de 2027 pola convocatoria das eleccións xerais

A celebración do Foro Económico de Viveiro, que estaba programada inicialmente para finais deste...

As ANPA trasladan as necesidades dos centros educativos ao Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro mantivo este luns unha reunión con representantes das asociacións de...

Apoio á folga do 11N desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou o seu apoio á...

O BNG da Mariña chama a participar na manifestación do 11N en Burela

O Consello Comarcal do BNG na Mariña fai un chamamento á cidadanía para sumarse...