-Que sorpresas esperan nesta edición da Festa Normanda de Foz?
Pois este ano o que fixemos foi vestir o pobo como unha vila normanda. Puxemos bandeiras ademais de dedicarlle cada barrio a unha peña das que leva os barcos. Este ano pois vai dedicada á Peña do Molete e para o ano que vén irá dedicada a A Chueca. Entón este ano vai ao barrio do Xabarín, que era o escudo que levaban os da Peña do Molete por iso vestimos o barrio con bandeiras dun xabarín.
-Estanse superando as espectativas do ano pasado? Canta xente está detrás desta festa?
A estas alturas xa pasou máis xente que o ano pasado. Mais espero que se o tempo nos acompaña por fin dunha vez, pois poderiamos encher toda a vila. Logo, detrás da festa somos un grupo de sete persoas mais despois temos moitos satélites, como lles chamo eu, e que nos imos facendo favores, vannos botando unha man. Á parte que o pobo colabora moito. Entón se eu preciso axuda para algo chamo ao que me fai falta e non teñen problema ningún en vir botar unha man.
-Con que apoios contades para montar esta festa?
Temos os apoios do Concello, a Deputación e a Xunta de Galicia.
-A Festa Normanda foi nomeada xa festa de interese?
Non, para iso aínda temos que ter uns aniños máis. Para o ano é a 15ª edición e igual iniciamos os papeis, porque iso leva un tempo.
-Desde a Vicepresidencia da Deputación din que sodes unha celebración do patrimonio inmaterial. Como vos sentides ante estas palabras?
Un pouco abrumados porque empezamos como quen di medio en broma e o primeiro ano fixen o desembarco nunha piragua. E agora xa temos barcos, xa cumprimos o rigor histórico, intentamos facerlle cumprir o rigor histórico. Por outra parte, fomos nomeados a mellor festa de España de tipo medieval dous anos seguidos, imos conseguindo facela grande.
-Con todos estes anos, cales son as grandes experiencias que tedes aprendido e cales son os elementos que vos gustaría reproducir en edicións próximas?
A experiencia é un grado sempre, sobre todo o que hai que coller a a calma. Ao principio era todo moita impulsividade, e ás veces é inevitable que pasen cousas. Por exemplo, a primeira noite ventou moitísimo e deunos bastante que aguantar aquí os postos do mercado. Antes os primeiros anos pois poñíame tolo mais contra certas cousas non se pode pelexar. Para o ano que vén quero facer un grande desembarco, máis grande que este ano. Realizarase pola mañá porque o que decidimos foi concretar a festa sempre nestas datas de agosto, non xogar coas mareas.
-Por que decidistes fixar unha unha data para para a festa?
Porque loxisticamente para os postos do mercado resulta útil marcar unha data no calendario. Entón eles xa marcan a data no calendario. Tamén para non facer coincidir co San Lourenzo porque senón os traballadores do Concello están con nós unha semana e logo teñen que atender outra celebración.
-Intercambiades experiencias con outras festas semellantes á vosa?
Imos a outros lugares e miramos como fan, como se organizan. Temos axudado en preparar barcos para celebracións doutros concellos.
-Por último, cales son as outras actividades que tedes programadas para estes días e que resultan atractivas para a xente?
O desembarco é o máis atractivo de todo, pero para min o mellor é o enterro. O enterro é moito máis chamativo, pois é de noite. A noite axuda a todo. A noite e o lume pois lévanse ben. Entón chama moito máis a atención e queda máis bonito, por iso, sempre que podo subo velo.
