InicioCentralFozLXIV Travesía Ría de Foz de Piragüísmo este domingo 23 de agosto

LXIV Travesía Ría de Foz de Piragüísmo este domingo 23 de agosto

A proba desenvolverase este domingo, 23 de agosto, con saída ás 12.30 horas e mantendo seu percorrido habitual augas arriba cara á Espiñeira; a entrega de premios levarase a cabo na explanada portuaria fronte ás pistas de seguridade viaria

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e o concelleiro de Deportes, Ángel Fernández Neira, participaron na presentación da 44 edición da histórica proba de piragüismo Travesía Ría de Foz, organizada polo Club Kayak de Foz, en colaboración coa Federación Galega de Piragüismo e o Concello de Foz. Disputarase este domingo, 23 de agosto, ás 12:30 horas.

O rexedor municipal destaca “o traballo e esforzo do Clube Kayak de Foz e do seu presidente Nacho Romillo por dar continuidade a unha proba con tanta tradición, pero especialmente por formar a tantas rapazas e rapaces nun deporte do que saíron campións que levaron o nome de Foz por toda Europa” que ademais explica que “o Concello de Foz colabora co Club Kayak cunha subvención de 7.000 euros para gastos de funcionamento do club e outros 7.000 euros para a organización desta travesía, que xa vai pola 44 edición. Queremos seguir potenciando un deporte tan vinculado á nosa ría: grazas ao traballo e esforzo do club e do seu presidente Nacho Romillo forxáronse piragüistas do máis alto nivel. A travesía tampouco sería posible sen a colaboración da Federación Galega de Piragüismo, da achega de Vicepresidencia da Deputación, do traballo indispensable de A Ribeira de Foz e do bo facer de Protección Civil e dos profesionais de salvamento do Concello de Foz”.

A proba desenvolverase este domingo, 23 de agosto, con saída ás 12.30 horas e mantendo seu percorrido habitual augas arriba cara á Espiñeira; a entrega de premios levarase a cabo na explanada portuaria fronte ás pistas de seguridade viaria. Nesta 44 edición participan 26 clubs de Galicia e Asturias e máis de 200 piragüistas.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...