InicioCentralFozFoz celebra a súa Feira do Libro co apoio da Vicepresidencia da...

Foz celebra a súa Feira do Libro co apoio da Vicepresidencia da Deputación

O deputado provincial Daniel García participou no acto inaugural,  con pregón da escritora Abril Camino, Premio Xerais de Novela 2025 con "Mulleres que viven xuntas" e actuación de Cuarteto Xijie.

Publicada o

- Advertisement -

A Feira do Libro de Foz comezou a tarde do pasado xoves e que se celebrará ata o 23 agosto na Praza Conde Fontao. Nove librarías e editoriais sacan os libros a rúa durante catro xornadas nas que se desenvolverá tamén unha ampla axenda de presentacións, sinaturas de actividades de animación á lectura.

O deputado Daniel García participou no acto inaugural,  con pregón da escritora Abril Camino, Premio Xerais de Novela 2025 con “Mulleres que viven xuntas” e actuación de Cuarteto Xijie.

Na súa intervención, o responsable provincial reafirmou o apoio da institución provincial á Federación de Librarías para organizar as feiras do libro da provincia e destacou a importancia das librarías na vida cultural das vilas e cidades, poñendo como referencia a traxectoria da libraría Bahía de Foz.

Daniel García convidou a achegarse a caseta do Servizo de Publicacións que amosa na feira os últimos títulos publicados pola editora institucional, entre eles,  “Mulleres de Salitre”, de Paco Rivas, e “Enxeñería hidraúlica do s XVIII na cidade de Mondoñedo. A traída histórica da auga”, de Xurxo Lorenzo, que estarán tamén aquí para presentar as publicacións.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...