InicioCentralFozMorre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento

Publicada o

- Advertisement -

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada na avenida do Viveiro, na localidade lucense de Foz.

Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 22.00 horas, cando varias persoas reportaron un incendio nunha vivenda na zona do barrio de Marzán. Nesta comunicación, os alertantes explicaron que podería haber unha persoa dentro, pero non puideron confirmalo nese momento.

Con esta información, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos corpos de Bombeiros de Barreiros e Viveiro e da Garda Civil. Tamén se informou aos voluntarios de Protección Civil de Foz.

Pouco despois das 23.00 horas, os bombeiros informaron que tiñan o incendio baixo control. Unha vez extinguidas as chamas, localizaron ao falecido no interior. Os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...