InicioCentralFozA tenente de alcalde de Foz pide ao PP "respecto e menos...

A tenente de alcalde de Foz pide ao PP “respecto e menos desinformación” sobre a segunda rotonda de Cangas

Inés López Couto manifesta: “que pena que as urxencias desta rotonda veñan agora que está aprobada e con orzamento e non tiveran tantas urxencias durante os anos no goberno do Estado do Partido Popular no que non se moveu un dedo para este proxecto, só para gardalo nun caixón”.

Publicada o

- Advertisement -

En resposta ás declaracións do Partido Popular sobre a construción da segunda rotonda de Cangas de Foz, a primeira tenente de alcalde do Concello focego, Inés López Couto, pídelle ao PP “respecto, traballo e menos desinformación”.

Inés López Couto manifesta: “que pena que as urxencias desta rotonda veñan agora que está aprobada e con orzamento e non tiveran tantas urxencias durante os anos no goberno do Estado do Partido Popular no que non se moveu un dedo para este proxecto, só para gardalo nun caixón”. E aclara que “a información da que se dispón no Concello é que as obras da segunda rotonda de Cangas prevense para a primeira quincena de setembro. Tramitouse a modificación da liña eléctrica de BEGASA que era a que condicionaba a execución da segunda rotonda e continuarase cos traballos unha vez pase o verán.”

Ademais a tenente de alcalde engade: “o que hai que facer é informarse e preguntar e así aforrarían dietas en viaxes que se poden solucionar cunha sinxela chamada ao Concello na que poderían conseguir a información. Xa nos pasou máis veces que informacións que se poden conseguir cunha chamada acaben en notas de prensa desinformando. Esta execución das rotondas de Cangas, que é unha demanda dos veciños, saíu adiante grazas ao traballo do goberno socialista do Concello de Foz e do Ministerio de Transportes. Tanto a execución da segunda rotonda e das medidas de seguridade con disposición dunha nova bionda na rotonda de Gralleira-Ribela van ser unha realidade polo traballo da administración e non polas fotografías do PP. Xa nun vídeo se menosprezou o noso traballo xa que dicían que ou non estabamos informados ou non tiñamos peso abondo. Eu de peso vou escasa pero traballamos para mellorar o noso pobo todos os días, non coma quen se dedica a desinformar e non traballou cando gobernou para conseguir infraestruturas reais para A Mariña”.

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...