InicioCentralFozFoz abre o prazo para preinscricións en "Aberto x Vacacións" para xullo...

Foz abre o prazo para preinscricións en “Aberto x Vacacións” para xullo e agosto

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, destaca que “haberá máis actividades, que estamos programando, como o campamento Camp Night, na Obra Pía de Fazouro, que foi novidade o pasado ano"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz abre o prazo de preinscrición para o programa de actividades Aberto x Vacacións, que se desenvolverá nos meses de xullo e agosto.

O concelleiro de Xuventude, Ángel Fernández Neira, anuncia que o Concello de Foz “volta un verán máis co Aberto por Vacacións. Temos programado un verán cheo de diversións con actividades para nenas e nenos nados entre os anos 2014 e 2022. Haberá actividades por todo o pobo e o campamento base será no CEIP O Cantel en horario de 10:30 a 13:30. E para para os que necesiten unha maior conciliación dispoñemos da opción Érguete, con inicio as 09:00 horas”.

A preinscrición realizarase a través do envío do formulario por sede electrónica ou presentando a documentación por rexistro no Concello. Toda a información está dispoñible na web www.concellodefoz.gal e o prazo de preinscrición xa está aberto.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, destaca que “haberá máis actividades, que estamos programando, como o campamento Camp Night, na Obra Pía de Fazouro, que foi novidade o pasado ano. Buscamos que as familias poidan conciliar e as nenas e nenos disfruten do verán, con actividades divertidas e educativas de todo tipo”.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...